X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 10 / 132

432 views

0 shares

0 downloads

0 comments

10 / 132

-

animal: animal.

-

fungo: fungus.

-

Propoñer aos alumnos o xogo dos seres vivos. Para realizar este xogo é necesario preparar un glosario co vocabulario específico da unidade: nutrición, relación, reprodución, ser vivo, ser inerte, célula, citoplasma, unicelular, pluricelular, membrana, tecido, órgano, sistema, reino…

Dividir a clase en grupos de catro alumnos. Cada grupo confeccionará un glosario, escribindo unha palabra e o seu significado nunha ficha.

Escribir esas mesmas palabras en pequenos papeis e  introducilos dobrados nunha bolsa. Cando terminen de confeccionar o glosario, darlles un tempo para repasalo. Despois, pedir que saia ao encerado un membro de cada grupo. A continuación, extraer da bolsa unha palabra. Cada alumno escribirá no encerado o significado desa palabra.

O primeiro que termine lerá o que escribise. Se é correcto, gañará 5 puntos. Se é incorrecto, os demais participantes lerán a súa definición e levará 3 puntos o que estea máis acertado.

O xogo continuará ata que todos os alumnos saian ao encerado polo menos unha vez. Gañará o equipo que máis puntos sume.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación para a saúde

-

A propósito da función de nutrición, exposta na páxina 12, recordar aos alumnos o importante que é unha boa alimentación para o crecemento.

Educación ambiental

-

Aproveitar as páxinas 16 e 17 para transmitir aos alumnos o aprecio pola natureza. Levar á clase xornais e pedir aos alumnos que recorten as noticias que atopen sobre sucesos relacionados co medio natural. Comentar as noticias e propoñer, entre todos, posibles solucións aos problemas propostos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Diferenza entre ser vivo e ser inerte.

Recoñece as características principais dos seres vivos.

Identifica as funcións vitais dos seres vivos.

Explica as características da célula e localiza nun esquema as súas partes.

Coñece os diferentes niveis de organización dos seres vivos.

Clasifica os seres vivos en diferentes reinos.

Interpreta fotografías, debuxos e esquemas.

Recoñece a necesidade de protexer o medio natural.

10

Document info
Document views432
Page views432
Page last viewedMon Dec 05 15:16:49 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments