X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 100 / 132

528 views

0 shares

0 downloads

0 comments

100 / 132

-

Outra forma de empezar o desenvolvemento desta unidade é, se se ten oportunidade, visitar cos alumnos lugares onde se realicen actividades do sector primario ou secundario. En cada caso, os alumnos deberán facer preguntas relacionadas co traballo que se realiza alí, os materiais necesarios para facer o traballo, que é o que se obtén, etc. Sería interesante elixir o sector en función das características da economía da localidade.

-

Pedir aos alumnos que fagan unha lista cos diferentes traballos que se desenvolven no colexio (administración, profesorado, conserxe, cociñeiros, etc.) e que expliquen as actividades que desempeñan cada un deles. Despois, propoñerlles incluír na lista o traballo que exercen os seus pais. Por último, clasificar entre todos eses traballos no sector económico ao que pertencen.

-

Para activar os coñecementos previos que os alumnos teñen sobre o tema a tratar na lección das páxinas 142 e 143, realizar preguntas como as seguintes: Lembrades cales son os sectores económicos? O traballo dun agricultor, a que sector pertence? E o dun zapateiro? E o dun vendedor dunha tenda?...

-

Ler, xunto cos alumnos, as definicións de poboación activa e inactiva do primeiro epígrafe da páxina 142. Despois, pedirlles que observen a ilustración 1 e explicarlles por que a ama de casa está dentro da poboación inactiva malia que ela realiza un traballo, e por que os desempregados forman parte da poboación activa aínda que non estean traballando.

-

Pedir aos alumnos que observen a fotografía número 2 da páxina 142. Despois, preguntar:

-

Que actividade económica aparece representada na imaxe? A que sector económico pertence?

-

Que produtos se obteñen das minas? Para que se utilizan?

-

Pedir aos alumnos que elixan un produto e investiguen a súa historia, é dicir, todos os traballos e sectores económicos que interveñen na súa produción e comercialización.

-

Propoñer aos alumnos que distingan cales destas actividades son un traballo segundo o concepto estudado: recoller a habitación; conducir un autobús; cociñar nun restaurante; conducir o propio coche.

-

Contar aos alumnos que millóns de nenos de todo o mundo se ven obrigados a vivir en condicións verdadeiramente lamentables. Nenos e nenas menores de 13 anos traballan confeccionando alfombras, fabricando cigarros, cosendo balóns de fútbol, decorando pulseiras…, soportando duras condicións: horarios de máis de 12 horas, escaso salario, malos tratos e torturas.

Hoxe en día, 250 millóns de nenos de entre 5 e 17 anos son explotados, é dicir, un de cada seis menores traballa e deles tres de cada catro fano en actividades con risco para a súa saúde.

100

Document info
Document views528
Page views528
Page last viewedTue Jan 17 11:10:30 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments