X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 101 / 132

507 views

0 shares

0 downloads

0 comments

101 / 132

A maioría deses nenos carecen do máis elemental e vive en condicións precarias, por iso, se ven na necesidade de traballar desde moi pequenos.

O traballo infantil ocasiona graves problemas aos propios nenos e ao país que o tolera. Por unha banda, condena ao analfabetismo aos nenos que traballan, xa que non se poden formar adecuadamente. Por outro, os adultos teñen dificultades para atopar un posto de traballo, xa que os nenos, por ser menores, reciben un salario inferior por desenvolver a mesma actividade.

-

Para introducir a lección O sector primario e a industria de Galicia, das páxinas 144 e 145, pedir aos alumnos que digan que sector económico cren eles que é o máis importante en Galicia e por que. Guiar os seus comentarios con preguntas como: Canta xente coñecedes que traballe na agricultura ou a na gandaría?, e que traballe en fábricas?

-

Acompañar a explicación do sector secundario en Galicia ca análise do mapa da páxina 145, localizando os lugares nos que este sector ten maior importancia.

-

Facer unha serie de afirmacións para que os alumnos digan se son verdadeiras. Por exemplo:  

-

En Galicia o sector que ocupa a un maior número de traballadores é o sector primario.

-

O tipo de pesca en Galicia é de baixura.

-

No eixe Vigo-A Coruña localízanse as explotacións agrícolas.

-

A minaría é unha actividade do sector secundario.

-

Os parques tecnolóxicos son lugares onde se concentran industrias de desenvolvemento e investigación.

-

Propoñer aos alumnos aplicar o aprendido sobre o sector secundario en Galicia á súa propia localidade. Deberán pescudar se hai algunha industria importante, a que se dedica e que tipos de produtos elabora.

-

Explicar aos alumnos en que consiste a técnica de aprendizaxe da lectura comprensiva.

Contarlles que ler comprensivamente é fundamental para aprender, pois só así se poden asimilar os conceptos e o seu significado.

A lectura comprensiva é moito máis lenta e reflexiva, xa que o que se pretende é captar a idea fundamental dun texto.

Os pasos que se deben seguir son: reflexionar sobre o título, pois este sempre facilita unha referencia sobre o texto; ler pausadamente, subliñar as palabras que se descoñezan e buscalas nun dicionario; distinguir as partes nas que se organizou o texto; identificar a idea ou ideas principais; intentar resumir a idea principal coas propias palabras.

Pedir aos alumnos que realicen unha lectura comprensiva deste tema. Primeiro, deben verificar que coñecen o significado de todas as palabras. Logo, subliñar as ideas principais e, finalmente, realizar un resumo.

101

Document info
Document views507
Page views507
Page last viewedSun Dec 11 06:21:40 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments