X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 102 / 132

443 views

0 shares

0 downloads

0 comments

102 / 132

A continuación, se o profesor o considera conveniente, pedir aos alumnos que escriban novos títulos para cada un dos apartados da lección que expresen claramente os contidos de cada un deles.  

Unha vez finalizada a actividade, preguntar aos alumnos por que é importante ler os textos de forma comprensiva.

-

Para empezar a desenvolver a lección das páxinas 146 e 147, Os servizos da nosa Comunidade, pedir aos alumnos que nomeen servizos públicos que utilizan habitualmente. Preguntarlles que cren que pasaría se algún deses servizos deixase de funcionar.

-

Explicar aos alumnos que os ministerios e demais institucións do Estado son servizos, pois as súas actividades están en función dos intereses e as necesidades dos cidadáns. Por exemplo, o Ministerio de Sanidade ocúpase de planificar e poñer en marcha campañas de vacinación.

-

Propoñer aos alumnos as seguintes situacións:

-

María quere visitar os principais centros comerciais da capital de Galicia. Que medio de transporte lle aconsellarías? Por que?

-

Xoán quere facer turismo cultural por Galicia, que sitios lle recomendarías? Por que?

-

Ignacio quere coñecer as cidades máis importantes de Galicia. Que medio de transporte é o máis indicado para trasladarse a elas? Por que?

-

Pedir aos alumnos que citen as actividades e tipos de traballo concretos que se realizan no sector servizos, así como o uso persoal que fan eles deste sector. Despois, propoñerlles completar un cadro de síntese como o seguinte:

Actividades

Traballos

Uso destas actividades por parte dos alumnos

Comercio

-

Propoñer aos alumnos un debate sobre as vantaxes e inconvenientes de vivir nunha Comunidade moi turística.

Contar aos alumnos que hai anos, cando a penas estaban desenvoltas as vías de comunicación, xurdiron varios oficios ambulantes que precisaban utilizar as escasas vías de comunicación. Un dos oficios era o dos afiadores.

O dos afiadores era un oficio característico da provincia de Ourense. No seu traballo, chegaban ata recantos moi distantes e talvez por iso crearon o barallete, unha linguaxe peculiar coma as creadas por canteiros, telleiros e cesteiros.

A roda e unhas poucas ferramentas –alicates, tenaces, martelo– eran o seu medio de traballo, que consistía en afiar coitelos, tesoiras, fouces... Era frecuente que compartisen esta dedicación coa de paraugueiros, cantorleiros e cerralleiros. Estes

102

Document info
Document views443
Page views443
Page last viewedTue Dec 06 13:25:11 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments