X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 103 / 132

430 views

0 shares

0 downloads

0 comments

103 / 132

labores non consisten en facer pezas novas, senón en arranxar as vellas.

O cerralleiro, coa zafra espetada no chan e sentado no caixón das ferramentas, ía compoñendo o que lle levaban, botaba un remendo nunha tarteira, tapaba o burato dunha ola cun remache ou cunha pinga de estaño. O cantorleiro ocupábase da vaixela escachada. Facía uns buratos na peza e logo, cos alicates, facía unhas grampiñas de arame, xuntaba os anacos e íaos amarrando con elas.

Hoxe en día, a profesión dos afiadores practicamente desapareceu, debido ao desenvolvemento dos transportes e das infraestruturas.

-

Aproveitar que esta unidade trata o tema do traballo para programar espazos e actividades nos que os alumnos poidan poñer en marcha ideas e proxectos propios, é dicir, para xerar a súa iniciativa. Algunhas das estratexias que serven para o desenvolvemento desta capacidade son: promover a aprendizaxe por descubrimento; estimular os procesos intelectuais creativos; incitar á comunicación con preguntas diverxentes; impulsar o desenvolvemento da inventiva; ou fomentar o traballo en equipo.  

-

Propoñer aos alumnos que realicen unha enquisa sobre os transportes de Galicia, formulando preguntas como as que se inclúen a continuación a familiares e amigos.

-

Utiliza algún transporte para ir a traballar?

-

É propio ou un servizo público?

-

Que vantaxes atopa no transporte privado? E que inconvenientes?

-

Cambia de medio de transporte as fins de semana?

-

Se é así, por que cambia? Cales utiliza?

-

Se é público, cal é?

-

Utiliza un ou varios medios de transporte para chegar ao lugar de traballo?

-

Que vantaxes atopa no transporte público? E que inconvenientes?

-

Puntúe do 1 ao 10 a rede de transporte público.

Formar grupos en clase, pedirlles que analicen os datos de todas as súas enquisas e escriban unha conclusión.

Con esta actividade os alumnos tomarán conciencia da importancia das redes de transporte.

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 150 e 151, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

O traballo é calquera actividade humana que se realiza para obter diñeiro.

-

Desde o punto de vista do traballo, a poboación pode dividirse en dous grupos: a poboación activa e a poboación inactiva.

-

Os tres sectores da economía son:

-

O sector primario, que agrupa as actividades que permiten obter recursos da natureza;

103

Document info
Document views430
Page views430
Page last viewedMon Dec 05 14:50:02 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments