X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 104 / 132

497 views

0 shares

0 downloads

0 comments

104 / 132

-

O sector secundario, que comprende as actividades que transforman as materias primas en produtos elaborados;

-

O sector terciario, que agrupa as actividades que ofrecen servizos ás persoas.

-

Falar cos alumnos sobre o traballado na unidade. O profesor pode partir de preguntas como estas: Que cousas novas aprendestes nesta unidade? Que proveito podedes sacar da información da unidade? Con que feitos cotiáns podedes relacionar o aprendido?

-

Dividir a clase en catro grupos e asignar dous tipos de turismo a cada un. Por exemplo: turismo de sol e praia, de montaña e aventura, cultural, rural, de saúde, gastronómico, de negocios e de compras.

Cada grupo deberá confeccionar un mural onde aparezan fotografías de lugares de España que se correspondan cos tipos de turismo asignados. A investigación sobre os lugares turísticos pódena realizar na casa preguntando aos seus familiares ou en axencias de viaxes ou buscando na Internet.

O mural contará cun apartado por cada tipo de turismo. E as fotografías deberán ter un pé completo, no que conste o nome do lugar, a Comunidade á que pertence e o seu atractivo turístico.

Ao terminar o traballo, cada grupo deberá mostrar e explicar o seu mural ao resto dos seus compañeiros.

Se o profesor o considera conveniente, montar cos murais unha exposición na clase e animar os alumnos a que inviten a compañeiros doutras clases a vela.

104

Document info
Document views497
Page views497
Page last viewedSat Dec 10 15:15:07 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments