X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 105 / 132

498 views

0 shares

0 downloads

0 comments

105 / 132

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación moral e cívica

-

Todos temos dereito ao traballo e á igualdade de oportunidades para obter un. Con todo, os discapacitados teñen máis dificultades que as demais persoas. Reflexionar cos alumnos sobre a súa situación, e facer fincapé en que malia a limitación que teñan, poden realizar moitos tipos de traballos.

Educación ambiental

-

Reflexionar cos alumnos sobre o impacto que producen as actividades económicas sobre o medio natural (fertilizantes e praguicidas que contaminan as augas e o aire, fume, residuos de produtos tóxicos, etc.).

Educación viaria

-

Aproveitar o tema dos transportes, páxinas 146 e 147 do libro, para recordar aos alumnos a necesidade de respectar as normas de circulación. Sinalar que en España as causas dun gran número de accidentes son o exceso de velocidade e a inxestión de alcohol da persoa que conduce. Pedir aos alumnos que falen sobre as consecuencias dos accidentes de tráfico e o que se pode facer para intentar evitalos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Distingue entre poboación activa e inactiva; sector primario, secundario e terciario; comercio interior e exterior.

Recoñece as actividades que conforman cada un dos sectores económicos.

Coñece a distribución da poboación de Galicia por sectores económicos.

Identifica os trazos máis relevantes dos sectores primario, secundario e terciario na Galicia.

Interpreta fotografías, ilustracións, mapas, esquemas e gráficos.

Recoñece a necesidade de realizar un consumo responsable.

105

Document info
Document views498
Page views498
Page last viewedSat Dec 10 16:56:06 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments