X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 108 / 132

410 views

0 shares

0 downloads

0 comments

108 / 132

Recursos:

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 28 e 29 de reforzo.

-

Ficha 12 de ampliación.

-

Ficha 12 de control.

-

Recursos na rede:

-

Atapuerca.

http://www.atapuerca.com

Todo sobre as escavacións realizadas en Atapuerca e os achados atopados nos seus xacementos.

-

Altamira.

http://www.museodealtamira.mcu.é/indexprova.html

Páxina na que se poden ver animacións que recrean o modo de vida dos homes e mulleres prehistóricos.

-

Tarefas de Historia.

-

Descubramos o tempo 3.

-

Atlas escolar.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Tras ler o texto da páxina 155, A cova dos Bisontes, pedir aos alumnos que observen a ilustración da mesma páxina. Despois, preguntar:

-

Que se representa nesa pintura?

-

Como realizarían as súas pinturas os artistas da Prehistoria?

-

Con que materiais?, de onde os conseguirían?

-

Que información podemos obter desa pintura?

-

Que quererían expresar con esas pinturas de animais?

-

Se o profesor o cre conveniente, despois de que os alumnos contesten as preguntas anteriores, pode dar algúns datos sobre as pinturas de Altamira. Contar que para colorear as súas figuras utilizaban carbón, sangue ou po de minerais. Por exemplo, dos minerais ricos en óxido de manganeso obtiñan tonalidades violáceas, e dos ricos en óxido de ferro conseguían tonalidades vermello-ocre. Para pintar utilizaban os seus propios dedos ou pinceis rudimentarios feitos con pelos de animal.

Os artistas prehistóricos pintaban as súas figuras nos salientes das paredes da cova, desta forma conseguían dotalas de volume e movemento.

Aínda que non se sabe exactamente o significado das pinturas rupestres, pénsase que a representación dun animal propiciaba o éxito na caza.

Propoñer aos alumnos que con pinturas de dedo e papel continuo intenten crear obras de arte inspiradas nas da cova de Altamira.

108

Document info
Document views410
Page views410
Page last viewedSat Dec 03 13:02:00 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments