X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 109 / 132

407 views

0 shares

0 downloads

0 comments

109 / 132

-

Na segunda tarefa do apartado Falamos da páxina 155 proponse unha actividade de traballo en equipo. Algunhas estratexias que pode empregar o profesor para orientar aos alumnos son: facerlles ver que se necesitan os uns aos outros; facerlles ver que deben chegar a acordos sobre como van desempeñar a tarefa; procurar que expresen libremente as súas opinións e que respecten as dos demais; e estimular a súa capacidade de colaboración por encima da competencia.

-

Se se ten oportunidade, sería interesante organizar unha visita a un museo arqueolóxico, ou ata a un xacemento próximo á localidade, para observar directamente os materiais e restos dos diferentes pobos que habitaron o noso país hai miles de anos.

Xa na clase, suxerir aos alumnos que confeccionen diarios murais con todo o material e a información que obteñan da visita: fotografías, debuxos, impresións, anécdotas…

-

A propósito da ilustración inicial da páxina 154, propoñer aos alumnos que imaxinen o proceso dunha escavación arqueolóxica e que redacten un breve texto no que expliquen como a levarían a cabo: onde escavarían e por que, como organizarían o traballo, que ferramentas utilizarían, que pezas poderían atopar alí…

Para realizar esta actividade é recomendable consultar a páxina web: http://w3.pntic.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2001/pegadas/origenes/prehistoria/020etapas.htm na que se describe o traballo que realizan os arqueólogos, con textos e debuxos adecuados para os alumnos desta idade.  

-

Para empezar a desenvolver a lección A Prehistoria das páxinas 156 e 157 escribir no encerado os principais períodos da Prehistoria e as características básicas de cada un deles. Con esa información, propoñer aos alumnos que, por grupos, constrúan unha liña do tempo. Elixir entre todos a mellor e colgala nun lugar visible para que os alumnos poidan consultala ao longo da explicación desta lección.

-

Explicar as formas de vida dos primeiros grupos humanos. Incidir nas diferenzas entre os grupos nómades paleolíticos e o proceso de sedentarización produto do descubrimento da agricultura. Así mesmo, sinalar que a vida sedentaria do Neolítico permitiu innovacións como a fabricación de tecidos ou a cerámica, que non existían entre os pobos nómades.

-

Despois de ler a lección A Prehistoria preguntar aos alumnos: Que é a Prehistoria? En que etapas se divide a Prehistoria? Que quere dicir que os seres humanos se fixeron sedentarios? Que material se empregaba no Paleolítico para elaborar as ferramentas? Cando se inventou a roda?…

-

Debuxar no encerado un cadro como o seguinte. Despois, pedir aos alumnos que o copien nos seus cadernos e que sitúen cada un destes feitos na época correspondente.

Paleolítico

Neolítico

Idade dos Metais

109

Document info
Document views407
Page views407
Page last viewedSat Dec 03 06:57:23 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments