X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 110 / 132

529 views

0 shares

0 downloads

0 comments

110 / 132

-

Invención do lume.

-

Invención da agricultura.

-

Sedentarios.

-

Invención da cerámica.

-

Invención da roda.

-

Invención do arado.

-

Nómades.

-

Fundación das primeiras cidades.

-

Pedir aos alumnos que expliquen por que razón a invención da agricultura cambiou o estilo de vida dos seres humanos.

-

Propoñer aos alumnos que imaxinen como sería a vida dos homes e mulleres do Paleolítico e que realicen un debuxo no que reflictan o interior dunha cova daquela época.

-

Explicar aos alumnos que Paleolítico significa «pedra antiga» e fai referencia ao material co que os homes e mulleres deste período elaboraban os seus obxectos: a pedra.

A técnica era moi simple: golpeando dúas pedras entre si conseguían que dunha delas saltasen pequenos anacos ou lascas, e que se convertesen en obxectos cortantes. Con eles cazaban e cortaban as peles e a carne dos animais.

Ademais da pedra, os seres humanos do Paleolítico tamén empregaron a madeira e os ósos de animais para fabricar arpóns, agullas, lanzas, etc.

-

Contar aos alumnos que o dominio do lume, hai aproximadamente medio millón de anos, foi un dos inventos máis importantes do ser humano do Paleolítico. Grazas a el puideron quentar as covas para protexerse das condicións climáticas adversas, iluminalas, cociñar alimentos ou escorrentar os animais salvaxes.

Para facer lume, utilizaban diferentes técnicas. Por exemplo: ao golpear dúas pedras obtiñan chispas coas que acendían material combustible (herbas secas). Tamén facían lume xirando un pauciño a gran velocidade sobre un tronco seco ou fregando un pau de madeira ao longo dun tronco.

-

Antes de empezar a desenvolver a lección das páxinas 158 e 159, A Idade Antiga. A época prerromana, si se ten oportunidade, levar a clase algún exemplar de Astérix en Hispania. A través do cómic, os alumnos poderán familiarizarse coa historia Antiga de España.

-

Debido á cantidade de pobos que existiron na Península durante a Antigüidade, sería conveniente acompañar a explicación desta lección observando e analizando os mapas das páxinas 158 e 159.

110

Document info
Document views529
Page views529
Page last viewedTue Jan 17 15:43:31 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments