X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 111 / 132

420 views

0 shares

0 downloads

0 comments

111 / 132

-

Por outra parte, se pode explicar que os pobos colonizadores se instalaron na Península por diferentes razóns. A colonización de fenicios e gregos tivo un carácter comercial. Os cartaxineses, pola contra, buscaban lugares estratéxicos que lles facilitasen o control do Mediterráneo.

-

Ademais das preguntas do libro do alumno, o profesor pode facer as seguintes:

-

Cando comezou a Historia?

-

Como se chama a primeira etapa da Historia?

-

Quen eran os pobos colonizadores?

-

Dividir a clase en grupos e asignar a cada un o papel dun pobo colonizador. Cada grupo tenlle que explicar ao resto dos compañeiros quen son, de onde proveñen, onde se asentan...

-

Propoñer aos alumnos que imaxinen que teñen a posibilidade de viaxar no tempo e que se trasladan á época dun dos pobos antigos que estudamos nesta lección. Pedirlles que escriban unha breve historia sobre o que encontrarían e que enumeren tres cousas que lles aprenderían a eses pobos que aínda non coñecen. Por exemplo:

-

Pobos que habitaron a Península.

-

Lugares que elixiron para establecerse.

-

Cidades que fundaron.

-

Restos que se conservan.

-

Comentar aos alumnos que Viriato naceu na serra da Estrela (actual Portugal). Na súa xuventude foi pastor e, despois de que o pretor romano Galba atacase ao seu pobo no ano 150 a. C., encabezou a loita que os lusitanos emprenderon contra Roma.

Galba ofreceu aos lusitanos, que realizaban continuas incursións na zona dominada por Roma, a repartición de terras a cambio da paz. Cando os lusitanos acudiron á repartición, pediulles que entregasen as súas armas en sinal de amizade. Unha vez desarmados, rodeounos co seu exército e deu orde de que os executasen.

Viriato conseguiu fuxir e, a partir dese momento, combateu incansablemente contra os romanos. A súa primeira vitoria foi xunto á cidade de Tríbola (actual Ronda) no ano 147 a. C.

Seis anos despois, no 141 a. C., os romanos víronse na obriga de pactar unha paz con Viriato, que se retirou a Lusitania. No ano 139 a. C. Roma enviou un novo cónsul, Cepión, que consideraba deshonrosa a paz, polo que subornou a tres lugartenentes de Viriato (Audax, Ditalcón e Minuros) para que o traizoasen e o matasen.

-

Para introducir a lección das páxinas 160 e 161, A Idade Antiga. A época romana, propoñer aos alumnos que expliquen o que poden significar as seguintes palabras: verbum, veritas, dies, nocte, mulier, homo, mater, pater, templum, serpentem, locen, bonum, malum, aqua e calquera outra palabra latina de fácil tradución. Facerlles ver que moitas das palabras galegas que utilizamos na actualidade proceden do idioma que falaban os antigos romanos: o latín.

111

Document info
Document views420
Page views420
Page last viewedSun Dec 04 15:43:25 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments