X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 112 / 132

551 views

0 shares

0 downloads

0 comments

112 / 132

-

Pedir aos alumnos que imaxinen que son habitantes de Roma hai 2.000 anos e que expliquen como serían, que farían, onde se divertirían, como vestirían…

-

Destacar que os romanos, ao contrario que outros pobos primitivos, non pretendían a destrución do pobo conquistado, senón asentar a forma de vida do imperio naquelas terras. Describir o proceso de asimilación da cultura romana. Explicar que eles nos deixaron un magnífico legado. Por exemplo, o galego, o castelán e o catalán, proceden do latín. Só o éuscaro é unha lingua anterior á conquista de Roma. Por outra parte, innumerables obras de enxeñaría, monumentos arquitectónicos e obras de arte constitúen a rica herdanza deste pobo.

-

Pedir aos alumnos que observen a fotografía 3 da páxina 161 e preguntarlles: Que é o que se ve na fotografía? Que material se utilizou na súa construción? Que utilidade tería? Que diferenza hai entre un acueduto e unha ponte?

-

Dividir a clase en grupos e pedir aos alumnos que imaxinen que traballan nunha axencia de viaxes e teñen que preparar unha ruta de tres días co título A Hispania romana. Cada grupo elixirá unha das provincias da Hispania romana e buscará información sobre os restos romanos que se poderían atopar nelas.

-

Lembrar aos alumnos que os xentilicios son as palabras coas que dicimos de onde é unha persoa ou cousa. Moitos son de orixe latina. Por exemplo:

Nome actual

Nome romano

Xentilicio

Calatayud

Bilbilis

bilbilitano

Huelva

Onuba

onubense

Alcalá de Henares

Complutum

complutense

Mérida

Emerita Augusta

emeritense

Lugo

Lucus Augusti

lucense

-

Explicar aos alumnos que un mapa histórico é unha representación gráfica que permite recrear unha rexión ou un país nun momento concreto da Historia.

Para analizar un mapa histórico debemos fixarnos nos seguintes aspectos:

-

O título ou o pé do mapa indícannos que feitos se representan nel.

-

A lenda describe os signos, cores, liñas, frechas…, que se utilizaron no mapa.

Pedir aos alumnos que observen o mapa da páxina 160 sobre as provincias romanas de Hispania. A continuación, preguntar:

-

Que se representou no mapa?

-

Hai cantos anos os romanos dividiron a península Ibérica en cinco provincias?

-

Con que territorio limitaba a Bética?

-

A que provincia pertencía Zaragoza?

-

Cales son as cidades principais que aparecen no mapa?

-

As illas Baleares, a que provincia romana pertencían?

Para finalizar a actividade, o profesor pode suxerirlles que digan dous aspectos para os que os mapas históricos poden ser útiles.

112

Document info
Document views551
Page views551
Page last viewedThu Jan 19 00:40:04 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments