X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 113 / 132

421 views

0 shares

0 downloads

0 comments

113 / 132

-

Propoñer aos alumnos modelar vasillas con arxila. Poden tomar como modelo a que aparece na actividade 2 da páxina 162.

-

Pedir aos alumnos que imaxinen que son xornalistas que deben escribir un artigo para unha revista de actualidade explicando como era a península Ibérica na Antigüidade.

Pódeselles dar un guión para que non esquezan ningún aspecto importante:

-

Que pobos conquistaron a Península? En que momentos?

-

Que lugares preferiron os colonizadores: as costas ou o interior? Por que?

-

Que cidades se fundaron daquela? Conservan o seu nome orixinario na actualidade? Como se chaman?

-

Que buscaban estes pobos na Península?

-

Existían outros pobos asentados na península Ibérica antes da chegada dos pobos colonizadores? Cales? Como e onde vivían?

-

Que colonización deixou unha pegada máis forte? En que se nota?

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 164 e 165, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

A Prehistoria é un longo período que vai desde a aparición dos seres humanos ata a invención da escritura.

-

A Prehistoria divídese en dúas etapas: a Idade de Pedra e a Idade dos Metais.

-

A Idade de Pedra empezou hai uns dous millóns e medio de anos. Esta etapa divídese en dous períodos: o Paleolítico e o Neolítico.

-

A Historia comeza coa invención da escritura hai uns 5.000 anos.

-

A primeira etapa da Historia é a Idade Antiga.

-

Na península Ibérica, a Idade Antiga divídese en: época prerromana e época romana.

-

Na época prerromana, na Península vivían os iberos e os celtas.

-

Os pobos colonizadores foron: os fenicios, os gregos e os romanos.

-

Hai máis de 2.000 anos os romanos conquistaron a Península.

-

Os romanos dividiron a Península en cinco provincias: Tarraconense, Bética, Lusitania, Gallaecia e Cartaxinense.

-

Propoñer aos alumnos avaliar o traballo que desenvolveron ao longo da unidade. Para iso, pedirlles que marquen cun X os aspectos que lograsen:

-

Tiven interese por aprender cousas novas.

-

Traballei con entusiasmo.

-

Realicei todas as actividades que se propuxeron.

Despois, propoñerlles contestar a seguinte pregunta: Que tema da unidade teño que reforzar máis?, por que?

-

Animar os alumnos a confeccionar por grupos murais coas obras de arte e con monumentos que haxa en Galicia das épocas históricas que estudaron nesta unidade.

113

Document info
Document views421
Page views421
Page last viewedSun Dec 04 15:45:00 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments