X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 114 / 132

409 views

0 shares

0 downloads

0 comments

114 / 132

Pedirlles que investiguen os edificios, obxectos, esculturas…, de interese hai nas diferentes localidades de Galicia e que consigan fotografías deles.

Os alumnos debuxarán nunha cartolina a silueta do mapa da Comunidade e localizarán as poboacións nas que poidan verse esas mostras de arte antiga.

Recortarán as fotografías e pegaranas rodeando o mapa. Debaixo de cada fotografía escribirán o nome do monumento e, mediante frechas, unirán as fotografías coa localidade correspondente.

Ao final, organizar unha exposición con todos os murais.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación moral e cívica

-

A propósito do tema da lección das páxinas 158 e 159 fomentar nos alumnos actitudes de respecto e de curiosidade sobre os pobos primitivos actuais, a maioría deles ameazados polo avance da civilización.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Explica que a Prehistoria é o período que vai desde a aparición dos seres humanos ata a invención da escritura.

Describe as características da Prehistoria.

Identifica o comezo da Historia coa aparición da escritura.

Sabe que pobos habitaron España na Antigüidade: celtas e iberos, pobos colonizadores e romanos.

Manifesta interese pola historia de España e de Galicia.

Valora e respecta o patrimonio cultural.

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO

UNIDADE 13: A IDADE MEDIA

OBXECTIVOS

Asociar o inicio da Idade Media coa caída do imperio romano.

Coñecer que os pobos xermanos que invadiron Hispania foron os suevos, os alanos e os visigodos.

Saber que os suevos fundaron un reino na Gallaecia e os visigodos fundaron en Hispania un reino con capital en Toledo.

Identificar aos reis visigodos coa unificación do territorio, a relixión e as leis.

Saber que no ano 711 os musulmáns invadiron a Península e fundaron Al-Andalus.

Saber o que son os reinos de taifas.

114

Document info
Document views409
Page views409
Page last viewedSat Dec 03 12:23:54 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments