X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 116 / 132

564 views

0 shares

0 downloads

0 comments

116 / 132

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 13 o proceso comeza coa lectura en grupo do texto Un día no mosteiro. A continuación, propóñense dúas actividades: na primeira aparecen varias preguntas sobre a lectura; e na segunda proponse unha actividade oral que pretende comprobar como se expresan os alumnos e como mostran as súas opinións. Ao final desta dobre páxina, no apartado Informámonos, preséntanse os conceptos principais que se van estudar.

Nas páxinas de información: A época dos visigodos, Al-Andalus e os primeiros reinos cristiáns e O final da Idade Media o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de xeito escrito coma gráfico. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo e, a continuación, cuestións para que os alumnos repasen os conceptos máis importantes tratados nestas páxinas.

Tras as páxinas de contidos propóñense actividades para reforzar a comprensión dos coñecementos adquiridos, e outras que teñen como obxectivo aplicar os contidos a situacións próximas á realidade do alumno. Na primeira páxina de actividades, estas clasifícanse nos apartados Comprender e Razoar. Na segunda páxina de actividades se presenta o apartado Saber facer, onde se inclúe a actividade de carácter procedemental Ordenar feitos antes e despois de Cristo.

Como peche da unidade 13 proponse outra dobre páxina de actividades baixo o título Aprendín. Estas actividades divídense en varios tipos:

-

Tres fichas: A época dos xermanos, Al-Andalus e os primeiros reinos cristiáns e O final da Idade Media.

-

O apartado Infórmome e escribo, onde os alumnos deben realizar unha redacción dunha biografía.

-

O breve texto A convivencia entre culturas, dentro do apartado O mundo que queremos, onde se facilita a autorreflexión dos alumnos sobre os seus comportamentos e actitudes.

Suxestión de temporalización:

1.ª quincena de maio.

Recursos:

116

Document info
Document views564
Page views564
Page last viewedThu Jan 19 17:23:51 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments