X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 117 / 132

444 views

0 shares

0 downloads

0 comments

117 / 132

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 30 e 31 de reforzo.

-

Ficha 13 de ampliación.

-

Ficha 13 de control.

-

Recursos na rede:

-

Al-Andalus.

http://www.legadoandalusi.es/legado_es.html

Información sobre a historia de Al-Andalus.

-

Idade Media na península Ibérica.

http://www.cnice.mecd.es/eos/MaterialesEducativos/mem2000/medieval/#

Recursos e información sobre a Idade Media.

-

Tarefas de Historia.

-

Descubramos o tempo 3.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

A propósito da lectura inicial da páxina 167 formular aos alumnos preguntas para sondar os seus coñecementos previos. Por exemplo: Que é un monxe?, onde vive?, a que se dedica?, como viste?, os monxes están en contacto co mundo que os rodea ou viven illados?...

-

Complementar a lectura coa observación da ilustración da páxina 166. Explicar que os mosteiros adoitaban localizarse en lugares apartados. Os monxes afastábanse voluntariamente do mundo e vivían en comunidade. Todos os monxes obedecían a un abade, que era a máxima autoridade do mosteiro.

-

Pedir aos alumnos que observen a liña do tempo da páxina 166. Despois, preguntar:

-

Cando comezou a Idade Media?

-

Que feito supuxo o comezo da Idade Media?

-

Que aconteceu no ano 711?, e en 1492?

-

Entre que anos se crearon os primeiros reinos cristiáns?

-

Entre que anos se produciu a expansión dos reinos cristiáns?

-

Se o profesor o considera conveniente, explicar que os mosteiros son grandes recintos con numerosas dependencias. Polo xeral, distribúense en torno a un claustro, que é unha galería porticada que rodea un patio interior. Ao redor do claustro están as cortes; as hortas; a cociña; o comedor ou o refectorio; a hospedaría, na que dormen os peregrinos; a sala capitular, onde se reúnen os monxes; a igrexa…

117

Document info
Document views444
Page views444
Page last viewedTue Dec 06 14:53:40 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments