X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 118 / 132

425 views

0 shares

0 downloads

0 comments

118 / 132

-

A propósito da lectura inicial da páxina 167, propoñer aos alumnos fabricar pergamiños para escribir historias medievais (pode ser un pequeno texto relacionado con algunha narración ou cómic que lesen, algunha película que visen ou copiar algún romance medieval).

Para fabricar os pergamiños necesítase papel tamaño folio (se é un pouco groso mellor) e café soluble.

Indicar aos alumnos que rachen coa man os bordos da folla de papel. A continuación, terano que engurrar facendo bólas. Despois, alisarano coas mans e o colocarano entre as follas dun libro para que quede plano.

Para conseguir o aspecto avellentado dos pergamiños, abonda con disolver café soluble en auga e pintar con esa mestura as dúas caras da folla.

Despois de deixar secar o papel, estará listo para escribir as súas historias medievais.

-

Escribir no encerado palabras relacionadas coa Idade Media como castelo, mosteiro, cabaleiro, monxe, conquista, invasión, etc. A continuación, dividir a clase en grupos e propoñerlles facer un gran debuxo co que lles suxiran esas palabras. Cando terminen, pegar os debuxos na parede e comentar entre todos os resultados.

-

Para empezar a lección das páxinas 168 e 169 pedir aos alumnos que lean o título da lección. Despois preguntar que significan palabras como vándalo ou bárbaro e que relación poden ter esas palabras cos xermanos. Ao final, contar aos alumnos que nesta lección aprenderán moitas cousas relacionadas cos pobos que viviron na península Ibérica durante a Idade Media.

-

Explicar aos alumnos que os suevos foron os primeiros en crear un reino medieval en Europa no ano 409, no noroeste da península (Galicia, norte de Portugal e parte de Asturias e León).

-

A propósito da ilustración 2 da páxina 168, explicar que os visigodos foron expertos na fabricación de obxectos artísticos con metais preciosos (ouro, prata, platino…). Sinalar que na fotografía se poden ver fibelas de cinto e fíbulas, que eran os broches cos que se sostiñan os mantos sobre os ombros.

-

Se o profesor creo conveniente, formular as seguintes preguntas: En que ano invadiron os pobos xermanos Hispania? Onde estableceron a súa capital os visigodos? Ata cando se mantiveron na Península os visigodos? Por que os visigodos non construíron cidades coma os romanos?

-

Para sintetizar a información máis relevante da lección, pedir aos alumnos que completen unha ficha sobre os visigodos con datos como os seguintes:

-

Os visigodos procedían de:

-

Chegaron á Península no século:

-

Instaláronse en:

-

Estableceron a súa capital en:

-

As súas actividades principais foron:

-

Permaneceron na Península deica o ano:

118

Document info
Document views425
Page views425
Page last viewedSun Dec 04 22:40:51 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments