X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 119 / 132

435 views

0 shares

0 downloads

0 comments

119 / 132

-

Pedir aos alumnos que elixan a un dos reis visigodos que se mencionan na lección (Leovixildo, Recaredo ou Recesvinto) e que busquen información sobre o mesmo nunha enciclopedia ou na Internet. Con eses datos, propoñerlles que redacten un pequeno texto no que poden incluír unha fotografía. Ao final, facer unha posta en común na que os alumnos mostren e expliquen os seus traballos.

-

Explicar aos alumnos que unha forma de comprobar que se entendeu un texto é formulando preguntas que respondan aos seus contidos esenciais.

A formulación de preguntas é unha estratexia global xa que obriga aos alumnos a concentrarse no texto, identificar as ideas principais e relacionar esas ideas para realizar preguntas relevantes.

As preguntas poden partir de palabras que se utilizan en calquera cuestionario (que é?, como é?, onde está?...) seguidas daqueloutras que indican os aspectos específicos do tema en cuestión.

Propoñer aos alumnos que lean as páxinas 168 e 169. A continuación, indicarlles que subliñen as ideas principais do texto. Por último, pedirlles que redacten preguntas relacionadas co seu contido que empecen por: Por que…? Cal era…? Quen foi…? Cando ...?

Tras a posta en común das preguntas elaboradas polos alumnos, animalos a explicar de que xeito esta técnica os pode axudar á hora de estudar.

-

Para iniciar o desenvolvemento da lección das páxinas 170 e 171 preguntar aos alumnos: Quen sabe que teñen en común palabras como: albará, almofada, albarda, alxibe, albeite, almanaque…? Explicar que todas elas son palabras procedentes do árabe que se incorporaron ao idioma galego. A continuación, conversar cos alumnos sobre outros elementos da cultura árabe que chegaron ata nós.

-

Se o considera conveniente, utilizar o mapa incluído na páxina 170 para explicar a expansión dos musulmáns pola Península. Indicar que na batalla de Guadalete, librada no ano 711, o exército do rei visigodo don Rodrigo foi derrotado polos musulmáns. Con esta vitoria púxose fin ao reino visigodo e iniciouse o dominio dos musulmáns da Península. Así mesmo, explicar que no ano 722 tivo lugar a batalla de Covadonga, onde o exército asturiano comandado por don Pelaio venceu os musulmáns. Esta vitoria supuxo o inicio da conquista da Península por parte dos reinos cristiáns.

-

Pedir aos alumnos que expliquen as diferenzas entre as seguintes parellas de termos:

-

Rei-califa.

-

Musulmán-cristián.

-

Igrexa-mesquita.

-

Pedir aos alumnos que observen o mapa 1 da páxina 170. Despois, preguntar:

-

Que cidades conquistaron os musulmáns?

-

Que cidade conquistaron primeiro os musulmáns, Córdoba ou Toledo?, por que?

-

En que territorio se encontraba a cidade de Oviedo?

-

Desde o sur da Península, a onde se dirixiron os musulmáns?

119

Document info
Document views435
Page views435
Page last viewedMon Dec 05 20:03:41 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments