X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 12 / 132

465 views

0 shares

0 downloads

0 comments

12 / 132

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 2 o proceso comeza coa lectura en grupo do texto Esponxas mariñas. A continuación, preséntanse dúas actividades. Na primeira aparecen varias preguntas sobre a lectura; e na segunda proponse unha actividade oral que pretende comprobar como se expresan os alumnos e como mostran as súas opinións. Ao final desta dobre páxina, no apartado Informámonos, preséntanse os conceptos principais que se van estudar.

Nas páxinas de información: Os animais invertebrados, Os artrópodos e Os moluscos o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de xeito escrito coma gráfico. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo e, a continuación, cuestións para que os alumnos repasen os conceptos máis importantes tratados nestas páxinas.

Tras as páxinas de contidos propóñense actividades para reforzar a comprensión dos coñecementos adquiridos, e outras que teñen como obxectivo aplicar os contidos a situacións próximas á realidade do alumno. Na primeira páxina de actividades, estas clasifícanse nos apartados Comprender, Razoar, Aplicar e Opinar. Na segunda páxina de actividades preséntase o apartado Saber facer, onde se inclúe a actividade de carácter procedemental Identificar cunha clave.

Como peche da unidade 2 preséntase outra dobre páxina de actividades baixo o título aprendín. Estas actividades divídense en varios tipos:

-

Un esquema sobre os animais invertebrados mediante o cal se organizan os coñecementos.

-

Varias cuestións cuxo obxectivo é reforzar aqueles contidos da unidade que todos os alumnos deben coñecer.

-

O apartado. Infórmome e falo, onde os alumnos deben realizar unha exposición oral sobre un grupo de invertebrados.

-

O breve texto Hai que desparasitar!, dentro do apartado O mundo que queremos, onde se facilita a autorreflexión dos alumnos sobre os seus comportamentos e actitudes.

Suxestión de temporalización:

2.ª quincena de outubro.

Recursos:

12

Document info
Document views465
Page views465
Page last viewedThu Dec 08 12:22:02 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments