X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 120 / 132

493 views

0 shares

0 downloads

0 comments

120 / 132

-

Explicar que os números que utilizamos na actualidade foron introducidos en Europa polos árabes, por iso se denominan números arábigos. A continuación, propoñer aos alumnos actividades nas que teñan que escribir en números arábigos diferentes números romanos.

-

Comentar aos alumnos que o xogo do xadrez é orixinario da India e remóntase ao século V. Nesa época era coñecido co nome de Chaturanga (xogo do exército) e podían intervir dous ou catro xogadores. Desde A India pasou a Persia e desde alí a toda Asia. Os musulmáns, grazas ás súas conquistas, foron os encargados de introducilo en Europa a través da península Ibérica. Durante a Idade Media, España e Italia foron os países nos que máis se xogaba ao xadrez.

A expresión «xaque mate», con que se vence no xogo do xadrez, deriva do árabe al-shâk mât, que quere dicir «o rei está morto».

-

Contar aos alumnos que o papel inventouse en China no século II e chegou a Europa a través da Al-Andalus. O primeiro taller da Península instalouse en Córdoba no ano 1036. Máis barato que o pergamiño, axiña se estendeu o seu uso entre os cristiáns.

Un dos primeiros exemplos de papel utilizado en España son os manuscritos do século X que se atopan no mosteiro de Santo Domingo de Silos, preto de Burgos.

Posteriormente, difundiuse por Europa, onde se xeneralizou o seu uso a partir do século XIV.

-

A propósito da ilustración 2 da páxina 172, explicar que Alhambra significa vermello e que se denomina así en alusión aos seus muros de cor rubia. A continuación, preguntar aos alumnos se algún deles estivo en Granada e visitou a Alhambra. En caso afirmativo, pedirlle que explique aos seus compañeiros todo o que saiba ou lembre desta construción.

-

Explicar que o ano 1492 é clave para a historia non só por ser o final do dominio musulmán da Península, senón tamén por ser o ano no que Cristovo Colón descubriu América.

-

Ademais das preguntas do libro, o profesor pode formular as seguintes:

-

Cando e por que se uniron as Coroas de Castela e Aragón?

-

Quen foron os Reis Católicos?

-

Que aconteceu en 1492?

-

Que estilo artístico se desenvolveu ao final da Idade Media?

-

Debuxar no encerado un mapa da península Ibérica e sinalar nel as cidades de Valencia e Málaga. A continuación pedir aos nenos que indiquen os reinos que tería que atravesar un mercador que no ano 1490 tivese que ir desde Valencia ata Málaga.

-

Pedir aos alumnos que observen a ilustración número 4 da páxina 173 e lean o pé de foto. A continuación, preguntar:

120

Document info
Document views493
Page views493
Page last viewedSat Dec 10 07:51:18 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments