X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 121 / 132

561 views

0 shares

0 downloads

0 comments

121 / 132

– A miniatura de Xelmírez ten moitos personaxes. Identifícaos.

– Que construción pode ser a que se ve ao fondo?, por que?

– En que parte do cadro se sitúa Xelmírez?, por que?

– Por que fará Xelmírez ese xesto coa man??

Contar aos alumnos que Afonso X o Sabio (Toledo, 1221- Sevilla, 1284) era fillo de Fernando III o Santo e de Beatriz de Suabia e dise que se educou na vila ourensá de Allariz. En 1252 sucedeu o seu pai no trono de Castela. Continuou a expansión polas terras do sur, dominadas polos musulmáns, e incorporou ao seu reino cidades como Xerez, Medina-Sidonia, Lebrija, Niebla e Cádiz.

Con todo, o reinado de Afonso X destacou sobre todo na orde cultural. Desenvolveu un extraordinario labor como protector das ciencias e das artes.

Fíxose rodear de grandes sabios das tres relixións peninsulares (cristiáns, musulmáns e xudeus) e impulsou a Escola de Tradutores de Toledo, creada polo seu pai, onde se traduciron ao castelán obras coma a Biblia, o Corán e o Talmud.

Escribiu moitas obras, entre elas as Cantigas de Santa María, colección de 420 composicións escritas en galego que narran os milagres da Virxe, e As sete partidas, código de leis inspirado no dereito romano.

-

Propoñer algún exercicio para que os alumnos conten en anos, décadas ou séculos. Por exemplo:

-

Se a toma de Granada se produciu en 1492, dicirlles que calculen cantos séculos, décadas e anos hai da conquista de Granada: 515 no ano 2007, que son cinco séculos, unha década e cinco anos.

-

Se os musulmáns chegaron á Península no ano 711 e permaneceron nela ata o ano 1492, indicarlles que calculen canto séculos, décadas e anos permaneceron no noso territorio: 781 anos, que son sete séculos, oito décadas e un ano.

-

Dividir a clase en grupos de catro alumnos e encargar a cada un deles realizar un informe sobre un edificio medieval de Galicia. Por exemplo, a igrexa de Santa Comba de Bande, en Ourense; as Torres de Catoira, na ría de Arousa; a igrexa de Santo Antoíño de Toques, na Coruña; a igrexa de Santa María do Sar, en Santiago; a fachada das Praterías e o pórtico da Gloria da catedral de Santiago; os castelos de Pambre, en Lugo, e de Monterrei, en Ourense…

-

Cada grupo elaborará un mural con fotografías do edificio en cuestión (pódense conseguir nas oficinas de turismo ou nas axencias de viaxes) e incluirá nel un cadro resumo coma este:

Nome:

Lugar en que está:

Data de construción:

Autor:

Estilo:

Características:

121

Document info
Document views561
Page views561
Page last viewedThu Jan 19 15:49:41 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments