X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 122 / 132

457 views

0 shares

0 downloads

0 comments

122 / 132

Unha vez completado o traballo, cada grupo expoñerá ao resto dos seus compañeiros os resultados da súa investigación.

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 176 e 177, lembrar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

No ano 409 distintos pobos xermanos invadiron Hispania.

-

Os visigodos estableceron na península Ibérica un reino con capital en Toledo e unificaron o territorio, a relixión e as leis.

-

No ano 711, a Hispania visigoda foi invadida polos musulmáns.

-

Os musulmáns controlaron a maior parte da Península e as illas Baleares e ao seu territorio chamáronlle Al-Andalus.

-

A partir do ano 1000 Al-Andalus dividiuse en pequenos reinos chamados reinos de taifas.

-

Cara a 1230, o territorio cristián estaba organizado en catro grandes reinos: reino de Navarra, Coroa de Aragón, Coroa de Castela e Portugal.

-

En 1492, os Reis Católicos conquistaron Granada, o último reino de taifas.

-

Unha vez finalizadas as actividades propostas, sería interesante realizar unha posta en común para valorar o interese o grao de comprensión dos conceptos tratados na unidade. Por exemplo, propoñer aos alumnos que escriban un pequeno texto no que expliquen o que máis e o que menos lles gustou da Idade Media.

-

Indicar aos alumnos como se din en inglés algún dos termos que estudaron nesta unidade:

-

Idade Media: the Middle Ages.

-

rei: king.

-

raíña: queen.

-

musulmán: muslim.

-

cristián: christian.

-

Os xogos de preguntas son un bo recurso para facer un repaso final dos contidos da unidade. Por iso, se o profesor o cre conveniente, propoñer aos alumnos crear entre todos un xogo deste tipo. Para iso:

1.

Repartir dúas tarxetas de igual tamaño a cada alumno.

2.

Cada un deles deberá escribir dúas preguntas relacionadas coa unidade e as súas respectivas respostas.

3.

Revisar entre todos as preguntas formuladas para corrixilas e retirar as que estean repetidas e as que non sexan axeitadas.

4.

Dividir a clase en grupos de catro alumnos. Cada grupo elixirá un voceiro, que se encargará de responder ás preguntas.

5.

Facer, por quendas, o mesmo número de preguntas a cada grupo. Se o grupo atina, levará dous puntos. Gañará o grupo que máis puntos obteña.

122

Document info
Document views457
Page views457
Page last viewedThu Dec 08 00:07:06 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments