X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 126 / 132

482 views

0 shares

0 downloads

0 comments

126 / 132

Recursos:

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 32 e 33 de reforzo.

-

Ficha 14 de ampliación.

-

Ficha 14 de control.

-

Ficha de Avaliación 3.o trimestre.

-

Recursos na rede

-

A guerra da Independencia.

http://www.1808-1814.org/

Todo sobre a guerra da Independencia.

-

A Constitución de 1978.

http://www.constitucion.es/

Páxina con información adaptada aos diferentes ciclos de ensinanza sobre a Constitución.

-

Tarefas de Historia.

-

Descubramos o tempo 3.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Para introducir a unidade preguntar aos alumnos se saben o que é unha maqueta e se algún deles fixo unha. En caso afirmativo, pedirlles que expliquen que tipo de maquetas realizaron: de que fixeron a maqueta, que materiais utilizaron, canto tempo lles levou, se os axudou alguén, etc. No caso de que non saiban o que é unha maqueta, indicarlles que é unha reprodución reducida a escala dun obxecto (un barco, unha construción, un automóbil…) realizada con diferentes materiais: madeira, plástico, aluminio…

-

A propósito da ilustración do buque Hespérides da páxina 178, explicar aos alumnos que este barco pertence á Armada española e a súa principal misión é apoiar as actividades científicas que se desenvolven na Antártida: estudos cartográficos, de xeoloxía e bioloxía mariña, de ecosistemas, etc.

-

Pedir aos alumnos que lean o título da unidade e observen a liña do tempo da páxina 178. Despois, formular preguntas para que os alumnos fagan conxecturas. Por exemplo: Que é a Idade Moderna?, e a Contemporánea?, en que se diferencian? que é o imperio?, que diferenza haberá entre monarquía constitucional e monarquía absoluta? que é unha república? Con que acontecemento se inicia a Idade Moderna?

126

Document info
Document views482
Page views482
Page last viewedFri Dec 09 15:33:20 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments