X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 127 / 132

479 views

0 shares

0 downloads

0 comments

127 / 132

-

Para introducir a lección das páxinas 180 e 181, A Idade Moderna, levar á clase un mapa do mundo e preguntar aos alumnos en que países se fala ou se falou castelán. Sinalar no mapa os países que vaian dicindo os nenos, e completar a lista con outros que quizais non mencionen, como Sáhara, Guinea Ecuatorial ou Filipinas. Concluír dicindo que o castelán é a terceira lingua máis falada no mundo (tras o chinés mandarín e o inglés). Aproximadamente un 7 % da poboación mundial (uns 400 millóns de persoas) falan o noso idioma grazas á grande influencia que tivo España na Idade Moderna. Facer o mesmo co portugués.

-

Se o profesor o considera oportuno, explicar que Carlos I, ademais de ser rei de España, foi emperador de Alemaña. Por iso, é coñecido como Carlos I de España e V de Alemaña.

-

Preguntar aos alumnos:

-

En que dous períodos se divide a Idade Moderna en España?

-

Por que dicimos que España foi un grande imperio?

-

Que era a corte?

-

Propoñer aos alumnos que escriban unha biografía dun dos personaxes históricos da Idade Moderna española que se citan no libro. Para iso, indicarlles que busquen nunha enciclopedia ou na Internet os datos máis importantes da vida do personaxe elixido e elaboren unha ficha con eles (data e lugar de nacemento e morte, por que é coñecido, feitos relevantes…). A partir da información recollida, redactarán unha biografía na que poden incluír unha ilustración alusiva a ese personaxe.

-

Contar aos alumnos que Cristovo Colón (Xénova, 1451-Valladolid, 1506) estaba convencido de que a Terra era redonda e que podería chegar a Asia polo oeste. As súas teorías convenceron os Reis Católicos que, tras a conquista de Granada, apoiaron a súa viaxe.

Partiu de Palos de la Frontera (Huelva) o 3 de agosto de 1492. Acompañábano uns noventa homes, a bordo de dúas carabelas, La Pinta e La Niña; e unha nao, a Santa María. Dous meses máis tarde, o 12 de outubro, Rodrigo de Triana divisou terra. Non chegaran a Asia, senón ás illas Bahamas que Colón bautizou como San Salvador, Santa María de la Concepción e Fernandina e Isabela.

Cóntase que tras a súa primeira viaxe a América, Colón foi invitado a unha reunión onde se lle reprochou que calquera podería descubrir o Novo Mundo. Colón retou aos alí presentes a que puxesen un ovo en pé. Todos deron mil voltas ao ovo e convencidos de que era imposible, devolvéronllo a Colón. Este golpeou o ovo contra a mesa e deixouno en pé. Os convidados defendéronse dicindo que desa forma calquera podía facelo, ao que Colón contestou que calquera podería facelo se se sabe como hai que facelo. O mesmo acontecía co camiño ao Novo Mundo, calquera podía ir sabendo por onde ir.

127

Document info
Document views479
Page views479
Page last viewedFri Dec 09 12:19:26 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments