X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 128 / 132

491 views

0 shares

0 downloads

0 comments

128 / 132

-

Para empezar a lección das páxinas 182 e 183, A Idade Contemporánea, preguntar aos alumnos se saben que significa a expresión “Viva la Pepa!”. Despois, explicar que a Constitución de 1812 coñecíase como La Pepa porque foi aprobada o día de San Xosé. Ao chegar ao poder Fernando VII, prohibiuna. Os defensores do sistema constitucional utilizaron a frase “Viva la Pepa!” en clave para dicir en realidade “Viva a Constitución de 1812!”.

-

Explicar que unha guerra civil é un enfrontamento armado entre dous ou máis grupos contrarios dun mesmo país. Insistir nas súas consecuencias para que os alumnos tomen conciencia da importancia dos valores democráticos.

-

Preguntar aos alumnos:

-

Cando comezou en España a Idade Contemporánea?

-

Coa monarquía constitucional, aumentou ou diminuíu o poder dos reis?, por que?

-

Coa ditadura, os cidadáns podían elixir os seus gobernantes?, por que?

-

Pedir aos alumnos que observen o mapa da páxina 182 e que o comparen cun actual no que se vexa a división de España en Comunidades e Cidades Autónomas. A continuación, preguntar:

-

Cantas rexións formaban España antes de 1978?

-

Que rexións desapareceron?

-

Que Comunidades Autónomas conservaron o mesmo nome?

-

Contar que hai unha canción relacionada con Fernando VII («Cuando Fernando VII usaba paletó, cuando Fernando VII usaba paletó, cuando Fernando VII usaba paletó, paletó, usaba paletó») á que se lle ían cambiando as vogais (primeiro co a, despois co e, etc.). Propoñer aos nenos cantala e aproveite para explicar que un paletó era un abrigo de pano gordo, longo e entallado.

-

Explicar aos nenos que a guerra da Independencia foi a contenda que enfrontou España e as tropas francesas de Napoleón Bonaparte entre os anos 1808 e 1814.

Orixinouse ante a ocupación do país polo exército francés, ao que o rei Carlos IV lle permitira cruzar España para invadir Portugal. A guerra iniciouse cun levantamento popular en Madrid o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles (Madrid), Andrés Torrejón, chamou o pobo a acudir en socorro do rei, que estaba retido en Francia por Napoleón, quen impuxera o seu irmán, Xosé Bonaparte, no trono español.

128

Document info
Document views491
Page views491
Page last viewedSat Dec 10 05:36:08 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments