X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 129 / 132

455 views

0 shares

0 downloads

0 comments

129 / 132

-

Levar á aula unha reprodución do cadro Os fusilamentos da montaña de Príncipe Pío realizado por Francisco de Goya en 1814. Contar aos alumnos que este representa a violenta represión emprendida polos franceses contra o pobo español. Os fusilamentos foron levados a cabo na montaña de Príncipe Pío, na madrugada do 3 de maio de 1808. A composición está organizada en dous grupos: os executados, de cara ao espectador, e os verdugos, de costas a este. Entre os primeiros obsérvanse diferentes posturas, que corresponden á actitude coa que se enfrontan á morte. É de destacar a expresividade e o dramatismo de toda a escena, especialmente conseguidos no personaxe vestido cunha camisa branca.

-

Para introducir a lección das páxinas 184 e 185, A época actual, pedir aos alumnos que expliquen que é unha Constitución e que conten todo o que saiban sobre a actual.

-

É posible que os alumnos oísen falar de sindicatos e incluso que saiban o nome dalgún deles, pero non saiban exactamente o que é. Explicar que un sindicato é unha asociación cuxo fin é a defensa dos dereitos dos traballadores.

-

Ademais das preguntas do libro, o profesor pode formular as seguintes:

-

En España, quen é o xefe do Estado, o rei ou o presidente do goberno?

-

Que é a transición? Que ocorreu durante a transición?

-

Quen elixe os membros do Parlamento?

-

Propoñer aos alumnos confeccionar murais con artigos da Constitución de 1978. Dividir a clase en grupos e entregar a cada un deles o texto dun artigo da Constitución (por exemplo, o capítulo segundo do Título I «Dereitos e liberdades»). Os alumnos copiarán o artigo, explicarán o seu significado e ilustrarano con debuxos ou fotografías.

-

Seguramente, os alumnos oirían falar dos «pais da Constitución». Explicar que eles foron as persoas que elaboraron o borrador da Constitución. Este documento despois foi discutido, corrixido e aprobado polas Cortes Xerais e, o 6 de decembro de 1978, pola cidadanía española.

Dividir a clase en grupos e propoñer aos alumnos e alumnas que busquen información sobre un dos «pais da Constitución» (poden obtela no sitio web www.constitucion.es/constitucion/ponentes/ponentes.html) e que elaboren unha ficha biográfica sobre el.

-

Explicar aos alumnos en que consiste a técnica de aprendizaxe de resumir. Resumir consiste en sacar ou extraer dun texto o que se considera máis importante. Trátase de reducir o texto orixinal sen que falte nada para a súa comprensión.

Os pasos que hai que seguir para facer o resumo dun texto son:

-

Ler con atención o texto.

-

Subliñar as ideas fundamentais.

-

Sintetizar o seu contido.

Facer fincapé en que resumir non é copiar literalmente un texto.

129

Document info
Document views455
Page views455
Page last viewedWed Dec 07 19:43:52 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments