X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 130 / 132

536 views

0 shares

0 downloads

0 comments

130 / 132

Propoñer aos alumnos redactar o resumo dunha das leccións da unidade. Indicarlles que primeiro lean con atención o texto. A continuación, subliñen as ideas principais e, finalmente, redacten os resumos.

Despois, algúns alumnos lerán os seus textos e, entre toda a clase, elixirán o que mellor resume ou sintetiza a información de cada unha das leccións.

Por último, propoñerlles que copien no seu caderno os tres resumos. Deste xeito, terán un de toda a unidade.

Tras a posta en común dos resumos dos alumnos, animalos a explicar cales son as maiores dificultades que encontrarán á hora de resumir.

-

A propósito do cadro de Picasso Mandolina e guitarra, que se inclúe na páxina 186, propoñer aos alumnos que fagan unha colaxe sobre a Constitución, na que poderán utilizar materiais diversos: papel, la, tea, plástico. Despois, organizar unha exposición na aula cos traballos dos alumnos.

-

Propoñer aos alumnos xogar á roda da Historia. Para iso, formar parellas de alumnos e pedirlles que debuxen sobre unha cartolina unha roda na que aparezan representadas, de forma consecutiva, as diferentes etapas históricas desde o inicio da Idade Moderna ata a época actual.

Unha vez elaborados os taboleiros, pedir aos alumnos que redacten catro preguntas sobre cada unha das épocas representadas no taboleiro que, posteriormente, terán que facerlle ao seu contrincante no xogo.

Despois, sortearase a cara ou cruz quen será o primeiro en empezar a preguntar, e o xogo comezará pola primeira casa da Idade Moderna, seguindo o sentido das agullas do reloxo. Se un alumno non contesta unha pregunta, quedará unha quenda sen xogar. Gañará o xogador que complete antes o taboleiro.

Se o profesor o considera oportuno, pode realizar o xogo de forma eliminatoria, de tal maneira que os gañadores da primeira rolda se enfronten entre eles, e así sucesivamente, ata que só quede unha parella.

-

Antes de realizar as actividades do apartado Aprendín das páxinas 188 e 189, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. Se o profesor o considera conveniente, pode ditalas para que as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

A Idade Moderna comezou en 1492 co descubrimento de América e divídese en dous períodos: o imperio e a monarquía absoluta.

-

A monarquía absoluta é unha forma de goberno en que o rei ten todo o poder.

-

A Idade Contemporánea en España comezou en 1808 coa guerra da Independencia e divídese en catro etapas: monarquía constitucional, República, guerra civil e ditadura.

-

A época actual vai desde o final da ditadura ata os nosos días. Distínguense dous períodos: a transición e a democracia.

-

A transición foi a etapa na que se fixeron os cambios necesarios para elixir o primeiro goberno da democracia.

130

Document info
Document views536
Page views536
Page last viewedTue Jan 17 23:53:11 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments