X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 131 / 132

428 views

0 shares

0 downloads

0 comments

131 / 132

-

Na democracia redactouse a Constitución, que estableceu como forma política a monarquía parlamentaria e foi aprobada en 1978.

-

Ao ser esta a última unidade, propoñer unha dobre posta en común. Por un lado, preguntar aos alumnos que feitos dos estudados nesta unidade lles pareceron máis importantes e por que.

Por outro, facer unha reflexión sobre os contidos adquiridos este curso. Para iso, o profesor pode formular as seguintes preguntas: De todos os temas que vimos este curso, que é o que vos pareceu máis interesante: o bloque de Ciencias, o de Xeografía ou o de Historia? Que actividades vos gustaron máis? Que contidos dos que estudamos vos parecen máis útiles para a vida cotiá? Que outras cousas vos gustarían aprender?

-

Se ao profesor lle parece oportuno, organizar un concurso en que os alumnos teñan que poñer en xogo todos os coñecementos adquiridos ao longo do curso.

-

Escribir nun papel algunhas das preguntas que aparecen no apartado Actividades das leccións de cada unidade. Para que este proceso sexa máis rápido, pode pedir a colaboración dos alumnos.

-

Cando estean todas as preguntas preparadas, dóbreas e introdúzaas nunha bolsa.

-

Dividir a clase en grupos de cinco alumnos e darlles uns días para repasar as preguntas do libro.

-

Pasado ese tempo, terá lugar o concurso. Un representante de cada grupo introducirá a súa man na bolsa e extraerá unha pregunta que deberá responder. Se atina, el levará dous puntos. Se non, contestará o seu grupo, e no caso de atinar levará un punto. Cada grupo deberá contestar polo menos 10 preguntas.

-

Proclamarase gañador do curso ao grupo que máis puntos obteña.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación moral e cívica

-

Aproveitar que nas páxinas 180 e 181 se fai referencia á monarquía absoluta para sinalar aos alumnos que a igualdade entre as persoas procede da dignidade do ser humano e non das condicións do seu nacemento.

-

Aproveitar o tema da transición para insistir en que só con diálogo, consenso, respecto e tolerancia as sociedades poden avanzar.

131

Document info
Document views428
Page views428
Page last viewedMon Dec 05 13:14:15 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments