X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 14 / 132

475 views

0 shares

0 downloads

0 comments

14 / 132

-

Levar á clase animais vivos fáciles de conseguir, poden ser escaravellos, miñocas, caracois, etc. A continuación, formar grupos de catro alumnos e pedir a un representante de cada grupo que se achegue a observar a un deses animais e que o describa. Anotar no encerado as características que eles vaian enumerando. Facer que as mostras de animais roten polos diversos grupos co fin de que todos poidan velos de preto e analizalos.

-

Unha forma de introducir o tema desta unidade é proxectando na clase algún vídeo sobre animais invertebrados, especialmente recomendables son os da BBC e National Geographic. Sería unha forma de sorprender aos alumnos e de que tomasen conciencia da gran diversidade de animais invertebrados que hai.

-

Se preto da localidade en que se atopa o centro escolar hai un Museo de Ciencias Naturais, o profesor podería organizar unha visita para que os alumnos puidesen observar coleccións de insectos e doutros animais invertebrados.

-

Se se ten oportunidade, levar os nenos ao patio do colexio ou a un parque e recoller con eles pequenos animais utilizando caixiñas, bolsas ou frascos transparentes con tapa.

Posteriormente, na clase, formar grupos e pedirlles aos alumnos que intenten clasificar eses seres vivos de acordo ás características que observen, como: número de patas, cuberta, división do seu corpo, etc.

-

Para repasar os coñecementos adquiridos durante o curso pasado relacionados co tema que se trata na lección das páxinas 24 e 25, Os animais invertebrados, pedir a un dos alumnos que debuxe no encerado un animal invertebrado. A continuación, propoñer ao resto da clase que digan ou enumeren as características que recorden destes animais.

-

Insistir en que todos os invertebrados carecen de esqueleto con columna vertebral, pero recordar aos alumnos que si poden ter unha cuberta externa. Explicarlles a diferenza entre cuncha e cuberta dura.

-

Recordar aos alumnos que os animais ovíparos son os que nacen de ovos.

-

Se o profesor cre conveniente, despois de ler e explicar a lección das páxinas 24 e 25 Os animais invertebrados, pode formular as seguintes preguntas:

-

Que teñen todos os animais invertebrados en común?

-

Que animais invertebrados teñen tentáculos? En que parte do seu corpo os teñen?

-

Como nacen os invertebrados?

-

Que animais invertebrados teñen ás?, cantas teñen?

-

Como protexen o seu corpo os invertebrados?

14

Document info
Document views475
Page views475
Page last viewedFri Dec 09 09:58:17 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments