X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 15 / 132

511 views

0 shares

0 downloads

0 comments

15 / 132

-

Animar os alumnos a dicir nomes de animais que empecen pola mesma letra inicial do seu nome (por exemplo, se o alumno se chama Carlos, pode dicir caracol; se a alumna se chama Noela, pode dicir nécora). Unha vez dito o nome do animal, entre toda a clase intentarán clasificalo en vertebrado ou invertebrado.

-

Pedir aos alumnos que busquen na Internet, nunha enciclopedia ou noutros libros información sobre animais invertebrados que non aparezan nas páxinas 24 e 25 e que sexan representativos dos grupos mencionados. Os alumnos terán que escribir un texto ou unha pequena ficha na que describan como é o seu aspecto, onde viven e de que se alimentan.

-

Comentar aos alumnos que un dos animais máis grandes da Terra é un invertebrado: trátase da lura xigante. Este animal, que habita nas profundidades mariñas, pode chegar a medir catorce metros de longo (dos cales, aproximadamente oito ou dez metros corresponden aos tentáculos).

Aínda que non se atopou ningún exemplar de lura xigante vivo, hai noticia da súa existencia polos exemplares que apareceron mortos nas praias.

-

Contar aos alumnos que as estrelas de mar son terribles depredadores, atacan, con frecuencia, aos moluscos. Rodéanos firmemente cos seus brazos para que non poidan escapar e poñen en contacto o seu estómago coa parede corporal da presa.

O estómago das estrelas pode saír fóra do seu corpo e comezar a dixestión do molusco. Esta dixestión é tan eficaz que, frecuentemente, pode abrir un orificio na cuncha. Por iso, ás veces atópanse cunchas con buratos.

-

Para empezar o desenvolvemento da lección das páxinas 26 e 27, Os artrópodos, dividir o encerado en tres áreas. Na primeira, debuxar un hábitat dunha zona de mar, na que se vexa un crustáceo; na seguinte, debuxar unha zona de terra na que se vexa un miriápodo; e na última, unha gran tea de araña con varios insectos capturados e unha araña no centro. Comentar aos alumnos que se debuxaron os diferentes grupos de artrópodos que van estudar nesta lección. Animalos a que sinalen cales andan, nadan ou voan; cantas patas ten cada un deles; en que partes teñen dividido o seu corpo, etc.

-

Indicar que a palabra artrópodo significa «patas articuladas» e que esta é unha das características que distingue a este grupo de animais.

-

Se o profesor o cre conveniente, formular as seguintes preguntas:

-

En que grupos se dividen os artrópodos?

-

Que teñen en común os arácnidos e os insectos?, en que se diferencian?

-

Que é o cefalotórax?

-

Como é o corpo dos miriápodos?

-

Propoñer aos alumnos dicir todos os nomes de artrópodos que coñezan en función das seguintes categorías:

-

Artrópodos con dez patas.

15

Document info
Document views511
Page views511
Page last viewedSun Dec 11 12:48:23 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments