X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 16 / 132

402 views

0 shares

0 downloads

0 comments

16 / 132

-

Artrópodos con cuberta dura.

-

Artrópodos con segmentos.

-

Artrópodos con cuncha…

-

Suxerir aos alumnos capturar e observar un insecto (cumprindo, obviamente, coas normas básicas de respecto á natureza e aos seres vivos, e liberando os animais capturados despois da súa observación). Unha vez capturado, pedirlles que o introduzan nun tarro de cristal e que o observen utilizando unha lupa, que conten as súas patas, antenas e ás, distingan as partes do seu corpo e realicen un esquema da forma do animal, indicando a súa cor e calquera característica que lles pareza importante. A retención do insecto farase durante o menor tempo posible e liberarase no mesmo lugar en que se capturou.

-

Comentar aos alumnos que a miúdo se utilizou os animais como protagonistas de numerosas fábulas populares, cuxas ensinanzas se expoñen a través dos animais, tal é o caso da fábula da chicharra e da formiga de Félix María Samaniego, onde a formiga representa o traballo e a chicharra a preguiza.

-

Contar aos alumnos que Charles Darwin (1809-1882) foi un famoso biólogo británico. Co barco Beagle percorreu gran parte das illas e os continentes do Atlántico, do Pacífico e as costas de América do Sur. Durante a viaxe, que durou cinco anos, recompilou gran cantidade de datos sobre Xeografía, Xeoloxía, Botánica e Zooloxía, que lle serviron para escribir, moitos anos despois, o seu libro Sobre a orixe das especies por medio da selección natural.

Na súa xuventude, Darwin estivo interesado polos insectos. Nunha ocasión paseaba polo bosque e atopou un escaravello descoñecido para el. Como nese momento non dispoñía de nada que lle puidese servir para gardalo, colleuno na súa man e transportouno coidadosamente ata o seu laboratorio. Pero, no camiño, atopou outro exemplar interesante, que gardou na outra man. Quixo o azar que Darwin atopase outro escaravello aínda máis curioso. Ante o dilema de ter que soltar a un dos que levaba na man, decidiu gardar un destes ¡na súa boca! Cando o escaravello se viu encerrado na boca do naturalista mordeu a súa lingua con todas as súas forzas. Darwin, entón, abriu a boca, berrou e o animal saíu disparado. O malo foi que tamén abriu as mans…, e escapáronselle os outros dous valiosos exemplares de escaravellos.

-

Antes de ler a lección das páxinas 28 e 29, Os moluscos, propoñer aos alumnos un xogo para pescudar o nome do grupo de animais que van estudar nela. Escribir no encerado o seguinte texto, ao que lle faltan as vogais, e pedir aos alumnos que o copien nos seus cadernos substituíndo os números por vogais.

«4s 1n3m13s 3nv2rt2br1d4s c4 c4rp4 br1nd4 e 5n 23x2 d2 s3m2tr31 c5x4s pr3nc3p13s gr5p4s s4n 4s g1st2r4p4d4s, 4s b3v1lv4s e 4s c2f1l4p4d4s, ch1m1ns2 m4l5sc4s».

16

Document info
Document views402
Page views402
Page last viewedFri Dec 02 23:08:43 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments