X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 17 / 132

500 views

0 shares

0 downloads

0 comments

17 / 132

-

Explicar que os cefalópodos son animais mariños cuxo nome significa «pés na cabeza». En realidade, os pés destes animais convertéronse en tentáculos que parten da cabeza rodeando a boca.

-

Ler as seguintes frases e pedir aos alumnos que digan cales delas son falsas e por que.

-

O corpo dos moluscos ten cinco eixes de simetría.

-

Os principais grupos de moluscos son: gasterópodos, cefalópodos e artrópodos.

-

Os bivalvos protexen o seu corpo con dúas cunchas articuladas.

-

Os gasterópodos teñen unha cabeza con catro tentáculos nos que se atopan os órganos dos sentidos.

-

Os moluscos son animais vertebrados.

-

Os cefalópodos teñen cuncha.

-

Propoñer aos alumnos que debuxen nos seus cadernos un molusco de cada un dos grupos estudados e que escriban debaixo del as súas principais características: como é o seu corpo, como o teñen cuberto, como se desprazan, etc.

-

Escribir no encerado as seguintes series numéricas e pedir aos alumnos que as resolvan. Ao final, indicarlles que substitúan os números por letras e investiguen o nome dun gasterópodo (bígaro).

-

32 - 16 - 8 - 4 - ___ (2)

-

3 - 6 - ___ - 12 - 15 – 18 (9)

-

3 - 2 - 5 - 4 - ___ ( 7)

-

9 - 7 - 5 - 3 - ___ (1)

-

59 - 49 - 39 - 29 - ____ (19)

-

0 - 4 - 8 - 12 - ____ (16)

-

Explicar aos alumnos en que consiste a técnica de aprendizaxe de utilizar acrónimos. Contarlles que os acrónimos son palabras fáciles de recordar que se poden formar de dous xeitos diferentes:

-

Unindo as letras iniciais de varias palabras.

-

Unindo as sílabas iniciais de varias palabras.

Por exemplo, se queremos recordar os tres grupos en que se divide os moluscos, podemos seguir estes pasos.

1.

Escribimos o nome de cada grupo: gasterópodos, bivalvos e cefalópodos.

2.

Escribimos a primeira sílaba de cada palabra: gas, bi, ce.

3.

Combinamos as sílabas para formar unha palabra fácil de recordar. Por exemplo: bicegas.

Dividir a clase en grupos, e propoñerlles que formen un acrónimo coa inicial de cada un dos grupos en que se divide os artrópodos: insectos, crustáceos, miriápodos, arácnidos (por exemplo, CIMA).

17

Document info
Document views500
Page views500
Page last viewedSat Dec 10 19:12:45 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments