X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 18 / 132

454 views

0 shares

0 downloads

0 comments

18 / 132

Ao final da práctica, suxerir unha posta en común na que os alumnos reflexionen sobre a utilidade desta técnica. Guiar os seus comentarios con preguntas como: Que vos pareceu esta técnica?, é fácil de utilizar?, parécevos fácil formar acrónimos?, para que tipo de temas poden ser útiles?

-

O espírito de superación é a actitude que motiva ás persoas a perfeccionarse a si mesmas, vencendo as dificultades que se presenten para lograr os seus obxectivos. Empregar as páxinas de Actividades (30 e 31) para incentivar no alumno o espírito de superación. Por exemplo: propoñer obxectivos e metas que inviten o alumno a mellorar, ensinarlle a superar os fracasos, fomentar unha actitude positiva para a superación das dificultades, etc.

-

Propoñer aos alumnos a realización da seguinte actividade. Esta actividade permitirá aos alumnos afianzar os seus coñecementos sobre os animais invertebrados en xeral.

Materiais:

-

Fotografías de animais.

-

Cartolina.

-

Cola.

Procedemento:

1.

Dividir os alumnos en seis grupos e asignar a cada un deles un grupo de animais invertebrados.

2.

Pedir aos nenos que localicen e leven á aula fotografías ou debuxos de diferentes animais pertencentes ao grupo que lles correspondeu.

3.

Cada grupo deberá elaborar un mural coas fotografías que consigan, anotando os nomes de cada animal e incluíndo unha ficha coas principais características dese grupo de animais.

-

Antes de realizar as actividades das páxinas 32 e 33, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. O profesor pode ditalas para que os alumnos as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

Os animais invertebrados son os que carecen de columna vertebral.

-

Os animais invertebrados poden dividirse en seis grupos: esponxas, celentéreos, vermes, equinodermos, artrópodos e moluscos.

-

Os artrópodos teñen o corpo cuberto cunha cuberta articulada.

-

Os artrópodos divídense en: insectos, crustáceos, miriápodos e arácnidos.

-

Os moluscos son animais que teñen un eixe de simetría, o corpo brando e moitos deles protexen o seu corpo cunha ou varias cunchas.

-

Os moluscos divídense en: gasterópodos, bivalvos e cefalópodos.

-

Suxerir aos alumnos que formen grupos para debater unha serie de cuestións sobre a aprendizaxe da unidade. Para iso, o profesor pode suscitarlles preguntas como: Que vos pareceu máis importante de todo o que aprendestes? Que vos resultou máis difícil? Que vos chamou máis a atención? Que pensades que ides recordar sempre desta unidade?...

18

Document info
Document views454
Page views454
Page last viewedWed Dec 07 19:01:30 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments