X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 19 / 132

478 views

0 shares

0 downloads

0 comments

19 / 132

-

Propoñer aos alumnos xogar a Enigmas. Para levar a cabo este xogo, dividir a clase en varios grupos. Un deles encargarase de pensar nun animal dos que se viron na unidade e anotar o seu nome nun papel sen que o resto dos seus compañeiros o vexa.

A continuación, os outros grupos deberán adiviñar de que animal se trata. Por quendas, cada un deles irá formulando preguntas (que só se poderán contestar cun si ou cun non), de tal forma que poida identificar o animal en cuestión, baseándose no que viron na unidade. Por exemplo: Ten un eixe de simetría? Ten varias cunchas? Vive fixo nas rochas?  As cunchas son de cor negra?...

Despois de cada pregunta, deberán dicir sempre o nome dun animal dos que poidan ser, aínda que ao principio sexan escasas as posibilidades de atinar. En caso de erro, pasará a quenda ao seguinte grupo e así ata que atinen.

O grupo que dea co nome do animal, será o encargado de pensar noutro invertebrado para que os seus compañeiros o adiviñen.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación ambiental

-

A propósito da lectura inicial da páxina 23, explicar aos alumnos que moitas especies mariñas, entre elas as esponxas, están gravemente ameazadas polas actividades humanas, especialmente a pesca de arrastre, modalidade na que se utilizan enormes redes que son arrastradas polo fondo mariño que esnaquizan todo ao seu paso.

Animar os alumnos a que opinen sobre as consecuencias destas accións e as medidas que se poderían levar a cabo para protexer os fondos mariños e as especies que neles habitan.

-

Os animais invertebrados adoitan ser moi vulnerables ás capturas por parte dos seres humanos. Explicar aos alumnos que en moitos casos o coleccionismo de cunchas, estrelas de mar, bolboretas, escaravellos, etc., pon en perigo a supervivencia de moitas especies de invertebrados.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Define correctamente o concepto de invertebrado.

Identifica os principais grupos de invertebrados e describe as súas características básicas.

Coñece os grupos nos que se dividen os artrópodos e explica as súas características.

Coñece os grupos nos que se dividen os moluscos e explica as súas características.

Realiza esquemas cos principais grupos de invertebrados.

Recoñece a importancia de coidar os animais.

19

Document info
Document views478
Page views478
Page last viewedFri Dec 09 11:52:15 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments