X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 22 / 132

408 views

0 shares

0 downloads

0 comments

22 / 132

Recursos:

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 8 e 9 de reforzo.

-

Ficha 4 de ampliación.

-

Ficha 4 de control.

-

Recursos na rede

-

Especies protexidas en España.

http:www.ecologistasenaccion.orgaccionespeciesvertebrados.htm

Información sobre especies en perigo de extinción.

   -    Animais de Galicia.

http://www.catoira.net/catoira/fauna.htm

Páxina feita polo profesor Mario Gómez Penide para dar a coñecer os animais que habitan preto do río Ulla.

-

Aprender xogando.

http:www.holachicos.com

Actividades, xogos e pasatempos relacionados cos animais.

-

Tarefas de Ciencias Naturais.

-

Animais e plantas 2. Partes externas e órganos internos.

-

Animais e plantas 3. Reprodución.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Antes de iniciar a lectura da páxina 35 Vivindo con gorilas preguntar aos alumnos se son capaces de identificar o animal da fotografía. A maioría deles recoñecerá que se trata dun gorila. Pedirlles entón que enumeren as características deste animal que lles chamen a atención, como a forma de desprazarse, de alimentarse, o medio no que vive, etc., e que indiquen tamén a que clase de animais pertence: vertebrado ou invertebrado? Que clase de vertebrado?

-

Dar algúns datos máis aos alumnos sobre os gorilas. Por exemplo, indicar que habitan exclusivamente nas selvas tropicais de África occidental, un hábitat que tende a desaparecer empuxado pola expansión agrícola, a deforestación e o aumento das poboacións humanas. Os únicos depredadores deste animal son o tigre, ocasionalmente, e o ser humano. Na actualidade, aínda que protexido polas leis, segue ameazado polos cazadores furtivos. Explicar que estes animais se dividen en gorilas de montaña, como aos que Dian Fossey dedicou a súa vida; gorilas de chaira; e gorilas de costa como Copito de Nieve, que viviu moitos anos no zoolóxico de Barcelona.

22

Document info
Document views408
Page views408
Page last viewedSat Dec 03 09:59:11 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments