X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 23 / 132

429 views

0 shares

0 downloads

0 comments

23 / 132

-

Propoñer aos alumnos unha investigación sobre a importancia da conservación das especies de animais en perigo. Os alumnos, durante un período de tempo preestablecido, deberán realizar enquisas entre as persoas do seu contorno para pescudar ata que punto coñecen algunhas das especies que están en perigo e que opinan sobre as posibles medidas de conservación. Ao final, os alumnos deberán reunir os resultados nun informe (do tipo dos que se utilizan na presentación dos resultados das sondaxes), expresando a súa opinión sobre a concienciación das persoas en relación con este problema ecolóxico.

-

Aproveitar a lectura da páxina 35 Vivindo con gorilas para presentar a figura de Dian Fossey como un exemplo. Reforzar a valoración positiva do personaxe resaltando o feito de que tivo que facer fronte a moitas dificultades e obstáculos, desenvolvendo así a súa capacidade para facer maiores esforzos co fin de lograr os obxectivos que se propuxera. Invitar os nenos a dar sempre o mellor de si mesmos e a non ser conformistas, estimulándoos para que desenvolvan sempre o traballo máis complexo que sexan capaces de facer.

-

Unha forma amena e ilustrativa de comezar a unidade é ver na aula algún documental sobre natureza en que aparezan diversos tipos de animais vertebrados. Pode servir calquera programa sobre a selva tropical, especialmente sobre ecosistemas como a sabana africana ou o mesmo hábitat dos gorilas, as selvas de Congo, Ruanda, etc. Os alumnos deben identificar os vertebrados e describilos cos criterios aprendidos no curso pasado: alimentación, forma de desprazamento, reprodución, etc.

-

Animar os alumnos a obteren algúns datos máis sobre a vida e as investigacións de Dian Fossey. Poden buscar información en enciclopedias ou na Internet.

Ver a película Gorilas na néboa pode ser unha magnífica introdución á unidade e un xeito de espertar nos alumnos a curiosidade e o interese polo medio natural e polo estudo do comportamento dos animais.

-

Para activar os coñecementos previos dos alumnos sobre a lección das páxinas 36 e 37, Os peixes e os anfibios, o profesor pode formularlles preguntas como as seguintes: Que diferenza fundamental hai entre un peixe e un anfibio? Que características son iguais nos peixes e nos anfibios? Facer cos alumnos un repaso dos modos de reprodución, respiración, alimentación, etc., de ambos os grupos de animais.

-

Os nenos e as nenas xa saben que os peixes respiran o osíxeno que se atopa en disolución na auga. Ampliar este dato e explicarlles que son as plantas acuáticas, as algas e o fitoplancto os que producen este osíxeno. De feito, o fitoplancto dos océanos xera as tres cuartas partes do osíxeno do noso planeta.

23

Document info
Document views429
Page views429
Page last viewedMon Dec 05 14:49:57 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments