X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 24 / 132

431 views

0 shares

0 downloads

0 comments

24 / 132

-

Explicar aos alumnos que cando se describe a pel dos anfibios como pel espida faise referencia a que non están cubertos nin por pelo, nin por plumas ou escamas, pero iso non significa que non teñan pel. A pel destes animais é húmida, fría, moi fina e permeable; iso permítelles, a algún deles, respirar a través dela, á vez que os fai especialmente sensibles ao medio.

-

Pedir aos alumnos que se fixen nas fotografías da páxina 36 e que contesten ás seguintes preguntas:

-

En que se parecen a quenlla e as carpas das fotografías?

-

En que se diferencian a raia e os peixes pallaso?

-

Que quere dicir que os peixes non prestan coidados ás súas crías?

-

Propoñer aos nenos unha pequena pregunta con truco: Cal é o peixe máis grande que existe? Probablemente algún alumno se apresure a contestar que a balea. Recordarlles que a balea é un mamífero, e que é efectivamente o animal acuático máis grande. Con todo, o peixe máis grande é o tiburón balea.

-

Explicar aos alumnos que a vida no noso planeta xurdiu primeiro nos mares, e tardou moitos millóns de anos en saír fóra deles. Os anfibios evolucionaron a partir dos peixes e outras criaturas acuáticas, e apareceron na Terra hai uns 400 millóns de anos.

A adaptación ao novo medio requiriu unha serie de cambios significativos con respecto aos peixes, por exemplo:

-

Desenvolvemento das extremidades a partir das aletas, pois eran necesarias patas fortes e articuladas para poder arrastrar o corpo do animal.

-

Unión dos ósos da pelve para crear unha estrutura máis sólida, capaz de soster o corpo do animal en terra.

-

Desenvolvemento do oído, o que permitiu aos anfibios percibir por primeira vez os sons que se transmiten a través do aire. Ademais, este é un sentido moi relacionado co equilibrio, necesario para camiñar.

-

Desenvolvemento dunha pel húmida e fina e posterior aparición dos pulmóns.

-

Para empezar o desenvolvemento da lección das páxinas 38 e 39, Os réptiles e as aves, invitar os alumnos a enumerar os réptiles e aves que coñezan. Seralles sinxelo recordar moitas aves diferentes, e terano algo máis complicado cos réptiles. Entre os réptiles hai animais con aspectos moi distintos. Mencionar algúns que eles non recorden, como as lagartas, distintas clases de serpes e tartarugas…

-

Pedir aos alumnos que conten en voz alta algunha das características que recorden de aves e réptiles. Con seguridade sinalarán a pel cuberta de plumas e o peteiro das aves, e as escamas duras que recobren os réptiles. Comentarlles que esas características están moi relacionadas co medio en que viven eses animais, así como cos seus hábitos alimenticios, que van estudar nesta lección.

24

Document info
Document views431
Page views431
Page last viewedMon Dec 05 15:12:49 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments