X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 25 / 132

643 views

0 shares

0 downloads

0 comments

25 / 132

-

Contar que as escamas que recobren o corpo dos peixes e o dos réptiles son formacións moi diferentes, aínda que ás veces poidan presentar un aspecto parecido. As escamas dos réptiles son moito máis duras e resistentes, chegando a formar placas de gran solidez nalgúns animais, como os crocodilos.

-

Explicar que as plumas que recobren o corpo das aves son indispensables para voar, e poden ser de diferentes tipos, dependendo da súa utilidade. Pero ademais serven para outra importante función: manter a temperatura do animal, incluso durante o voo.

-

Se o profesor o cre oportuno, formular as seguintes preguntas:

-

Como se alimentan os réptiles?

-

Por que reptan os lagartos?

-

Que diferenza hai entre as extremidades anteriores e as posteriores das aves?

-

Se o profesor ten oportunidade, levar á aula un esqueleto dalgunha ave (o máis sinxelo de conseguir será un de polo). Mostrar aos alumnos como o esterno, por exemplo, é moi grande e ten forma de quilla; é aí onde se insiren os músculos que se encargan de mover as ás. Tamén, indicarlles que os ósos son moi lixeiros en comparación cos doutros vertebrados.

-

Pedir aos alumnos que localicen e copien no seu caderno todos os adxectivos do epígrafe 2 da páxina 38, Os grupos de réptiles, indicando o seu número e o seu xénero.

-

Contar aos alumnos que Carlos Linneo é coñecido como o pai da taxonomía, é dicir, do sistema que se emprega para nomear, ordenar e clasificar os seres vivos.

Nacido no ano 1707 nun pobo do sur de Suecia, desde neno estivo interesado nas plantas e nos seus nomes. Estudou Medicina e chegou a exercer como médico, pero pasaba a maior parte do seu tempo recollendo e observando plantas; nesta época, a Botánica formaba parte da Medicina, xa que os medicamentos consistían sobre todo en preparados a base de herbas e doutras plantas.

Linneo foi profesor na facultade de Medicina. Moitos dos alumnos, baixo a súa influencia, embarcáronse en viaxes por todo o mundo, acompañando expedicións como as do capitán Cook, das que traían exemplares de plantas descoñecidas ou non catalogadas.

O sistema de clasificación de Linneo divide os animais e as plantas en diferentes categorías, das máis xerais ás particulares. Así, os seres humanos pertencen ao reino animal, á clase vertebrados, á orde primate, ao xénero homo e á especie homo sapiens.

-

Para empezar o desenvolvemento da lección das páxinas 40 e 41, Os mamíferos, preguntar aos alumnos que teñen eles en común cun can, cun gato, cun cabalo e cunha vaca. Deben recordar como características máis destacadas que todos, incluídos eles mesmos, naceron directamente das súas nais e que mamaron leite cando eran pequenos.  

25

Document info
Document views643
Page views643
Page last viewedTue Jan 24 23:20:55 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments