X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 26 / 132

400 views

0 shares

0 downloads

0 comments

26 / 132

-

Explicar aos alumnos que as diferenzas morfolóxicas entre os distintos mamíferos terrestres se deben sobre todo ás súas formas de alimentarse. Mostrar fotografías de ruminantes, insectívoros, carnívoros, etc. Relacionar algúns trazos, como o enorme ventre dos ruminantes, as fortes mandíbulas dos carnívoros, os dentes dos roedores ou os fociños e bocas estreitas dos insectívoros, cos seus modos alimenticios.

-

Insistir en que unha das características común a todos os mamíferos é a respiración pulmonar, aínda que existen grupos adaptados a vivir nun medio acuático, como os cetáceos.

-

Pedir aos alumnos que elaboren un cadro coas características xerais dos cinco grupos de vertebrados. Deben incluír: o grupo do que se trata, o medio en que viven, a forma de reprodución, o modo en que se desprazan e os subgrupos en que se dividen.

-

Suxerir aos alumnos e ás alumnas que busquen fotografías de distintos animais; seralles fácil se recorren a revistas de natureza, pero poden utilizar calquera outra fonte. Se o profesor o cre conveniente, pedirlles que inclúan na súa busca os animais invertebrados. Con todas estas fotos deben elaborar un mural coa clasificación do reino animal, pegando as fotografías dos distintos animais nos seus lugares correspondentes.

-

Explicar aos alumnos en que consiste a técnica de aprendizaxe de realizar un esquema. Contarlles que o esquema permite presentar dunha forma resumida e ordenada o contido dun texto. Para facer un esquema é necesario, en primeiro lugar, ler o texto, despois subliñar as ideas principais e, por último, organizar esas ideas por orde de importancia mediante un diagrama en árbore.

Pedir aos alumnos que lean o apartado 4 da páxina 41, Outros grupos de mamíferos, e subliñen o que consideren máis importante. A continuación, propoñerlles que elaboren un esquema a partir da información subliñada.

Ao finalizar a actividade pedir a algúns alumnos que mostren os seus esquemas. Animar o resto a comparalos e corrixir todo aquilo que crean necesario para completalos.

Unha forma de verificar que os alumnos comprenden o obxectivo e a utilidade da técnica é permitíndolles expresar as súas opinións sobre esta. Para iso, o profesor pode formularlles preguntas como as seguintes:

-

Que utilidade teñen os esquemas?

-

En que temas é conveniente utilizar esquemas?

-

Hai información importante que quede fóra do esquema que realizaches?, cal?

-

Serviríache o esquema para repasar esta unidade?

-

Propoñer aos alumnos que realicen a seguinte actividade. Con esta actividade os alumnos terán a posibilidade de aprender a recoñecer distintas especies de aves e coñecerán os seus nomes.

Materiais:

26

Document info
Document views400
Page views400
Page last viewedFri Dec 02 20:19:24 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments