X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 27 / 132

504 views

0 shares

0 downloads

0 comments

27 / 132

-

Unha guía de aves, ou algún libro con debuxos e fotografías das aves propias dun país ou dunha zona.

-

Prismáticos para observar os paxaros.

-

Un caderno de campo ou un caderno para anotar as observacións.

Procedemento:

1.

Levar os nenos ao campo ou a algún parque onde se poidan observar distintos tipos de aves. A experiencia pódese repetir en diferentes lugares co fin de localizar distintas especies de aves.

2.

Cando localicen algunha ave, pedir aos alumnos que a observen con atención para apreciar a súas características.

3.

Nos seus cadernos, os nenos deben anotar as características das distintas aves, e ata poden debuxar pequenos esbozos.

4.

Por último, deben identificar as aves que observen consultando a guía.

-

Antes de realizar as actividades das páxinas 42 e 43, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. O profesor pode ditalas para que os alumnos as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

Os vertebrados son aqueles animais que posúen columna vertebral.

-

Hai cinco grupos de animais vertebrados: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.

-

Os peixes son animais acuáticos, ovíparos, respiran por branquias e están cubertos de escamas. Divídense en dous grupos: peixes cartilaxinosos e peixes óseos.

-

Os anfibios son animais ovíparos que viven na auga ao nacer e na terra cando son adultos. Divídense en dous grupos: anfibios sen rabo e anfibios con cola.

-

Os réptiles son animais terrestres, ovíparos, respiran por pulmóns e teñen a pel cuberta de escamas. Divídense en: serpes, lagartos, crocodilos e tartarugas.

-

As aves son ovíparas, teñen a pel cuberta de plumas e respiran por pulmóns. Divídense en: corredoras, zancudas, parrulos e gansos, galináceas, rapaces e paxaros.

-

Os mamíferos son animais terrestres, vivíparos, respiran por pulmóns, teñen a pel cuberta de pelo e posúen catro extremidades. Divídense en: marsupiais, primates, ruminantes, carnívoros, morcegos, cetáceos, roedores e insectívoros.

-

Realizar unha posta en común cos alumnos sobre o traballo realizado nesta unidade. O profesor pode partir de preguntas similares a estas: Que cousas aprendestes con respecto ao estudado no ano anterior? Que foi o máis fácil de aprender?, e o máis difícil?, por que? Resultouvos útil ver imaxes de animais diferentes para comprender mellor as características de cada grupo?

-

Propoñer aos alumnos que realicen a seguinte actividade. Esta actividade está indicada para que os alumnos identifiquen as características dos peixes.

Materiais:

-

Dous peixes por cada grupo de alumnos (se é posible, un óseo e outro cartilaxinoso).

-

Unha bandexa.

27

Document info
Document views504
Page views504
Page last viewedSat Dec 10 22:46:17 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments