X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 28 / 132

468 views

0 shares

0 downloads

0 comments

28 / 132

-

Unhas pinzas.

-

Unha lupa.

-

Caderno de campo.

Procedemento:

1.

Formar grupos de cinco alumnos.

2.

Colocar os peixes na bandexa e pedir a cada grupo de alumnos que observen a forma do corpo, o número de aletas, se teñen dentes ou non, como son, e outros detalles característicos.

3.

Deben extraer unha escama coas pinzas e observala, a simple vista e coa lupa, e despois debuxar o que observen.

4.

A continuación, deben observar e debuxar as branquias. Os alumnos deben ter en conta que nos peixes óseos están cubertas polo opérculo.

5.

Cada grupo debe repetir o experimento co outro peixe, e anotar no seu caderno as diferenzas que observe.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación ambiental

-

As emisións de gases contaminantes á atmosfera supoñen un grave problema que afecta a peixes e anfibios. Aos peixes, debido ao quentamento da auga; aos anfibios, porque ao ter a pel espida son moi sensibles a estes contaminantes.

-

Incentivar nos alumnos o aprecio pola vida animal e o espírito de protección e coidado de todo canto nos ofreza a natureza. Espertar unha actitude crítica sobre actividades como a caza.

Educación para a saúde

-

Aproveitar o desenvolvemento da lección das páxinas 44 e 45 para introducir os alumnos en cuestións tan de actualidade coma a enfermidade das vacas tolas ou a gripe aviar. O modo en que tratamos os nosos animais, especialmente aqueles que se destinan ao consumo humano, pode ter graves consecuencias cando non se respectan as normas de hixiene e seguridade alimentaria, consecuencias sobre os propios animais e tamén sobre a nosa saúde.

28

Document info
Document views468
Page views468
Page last viewedThu Dec 08 22:03:10 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments