X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 33 / 132

401 views

0 shares

0 downloads

0 comments

33 / 132

-

Outra forma de repasar os coñecementos aprendidos en cursos anteriores é formulando preguntas como as seguintes:

-

Que é unha planta?

-

Que necesitan as plantas para vivir?

-

Hai plantas en todas partes? Onde se poden atopar?

-

Que características teñen en común todos os seres vivos que pertencen ao reino das plantas?

-

En que se diferencian as plantas dos animais?

-

Aproveitar as distintas actividades que se propoñen nesta unidade para reforzar nos alumnos a importancia de realizar un traballo eficaz. Explicar que, en primeiro lugar, hai que partir sempre dunha boa planificación que recolla todos os obxectivos que se perseguen; tamén é necesario xestionar ben os recursos e materiais que se van empregar, así como facer un bo uso do tempo, especialmente cando se realicen traballos en grupo; por último, hai que repasar sempre as tarefas realizadas e comprobar se se alcanzaron os obxectivos propostos.

-

Outra forma de empezar esta unidade é dividir a clase en grupos e propoñerlles que realicen unha investigación sobre as plantas máis características de Galicia. Poden elaborar unha pequena guía, incluíndo os seus propios debuxos das plantas ou ben utilizando fotografías. En cada ficha deben incluír datos como: nome científico da planta, hábitat e orixe, altura media, forma das follas, disposición das ramas, descrición das flores se as ten, forma e cor da copa si se trata dunha árbore, aspecto xeral da árbore e da casca, etc.

-

Levar á aula diferentes froitos e sementes, mostralas aos alumnos e pedirlles que diferencien uns de outros. Aproveitar para explicar a utilidade que froito e semente teñen para a planta.

-

Suscitar aos alumnos repetir un sinxelo experimento: a xerminación dunha semente. É unha actividade que todos os nenos realizaron algunha vez, pero que é sen dúbida moi gráfica.

-

Para empezar o desenvolvemento da lección das páxinas 48 e 49, Clasificación das plantas, pedir aos alumnos que digan o nome das distintas plantas que coñezan, indicando se teñen flores ou non. Lembrarlles que existen flores de moitos tipos e que, ademais, non todas as flores constan dos mesmos elementos (cáliz, corola, estames, etc.) nin teñen pétalos de cores rechamantes; poden estar agochadas, ou ser moi pequenas, ou ter a mesma cor que o resto da planta, etc. Pero iso si, todas as flores conteñen os órganos sexuais da planta.

33

Document info
Document views401
Page views401
Page last viewedFri Dec 02 22:40:53 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments