X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 34 / 132

641 views

0 shares

0 downloads

0 comments

34 / 132

-

Ao falar das plantas ximnospermas, no epígrafe 3 da páxina 49, resaltar o feito de que se trata na súa maioría de árbores de folla perenne. Os alumnos xa saben algunhas cousas sobre as árbores; aproveitar esta ocasión e achegarlles algún dato máis. A casca da árbore, por exemplo, está formada por tecido morto; a súa función é ofrecer protección á planta. Os alumnos observarán que adoita estar agretada e que se desprende do tronco con facilidade; isto débese a que a árbore medra sen parar, engrosando o seu tronco e rachando a casca.

-

Pedir aos alumnos que observen as fotografías da páxina 49. Despois, preguntar:

-

Que diferenzas hai entre as plantas anxiospermas e ximnospermas?

-

Que órganos da planta forman as piñas dos piñeiros?

-

Propoñer aos nenos que nomeen plantas que coñezan ou que sexan habituais no seu medio, e que indiquen se se trata de anxiospermas ou ximnospermas baseándose na súa observación.

-

Pedir aos alumnos que, tendo en conta o que aprenderon na lección das páxinas 48 e 49, debuxen no seu caderno:

-

Unha planta ximnosperma.

-

Unha planta anxiosperma.

-

Contar aos alumnos que o ser humano se interesou polas propiedades das plantas desde tempos inmemoriais. Ao principio, os seus descubrimentos foron casuais: na súa busca de novos alimentos, os homes e mulleres atrevéronse a probar todo tipo de plantas, atopando que algunhas delas lles causaban vómitos, ou os facían suar, ou repentinamente facían desaparecer algunhas das súas dores. Así, con este sistema de ensaio e erro, fóronse coñecendo as propiedades de moitos vexetais.

Durante moito tempo este saber pasou dunha xeración á seguinte de forma oral. Despois, ao aumentar o seu volume, fíxose necesaria certa especialización e xurdiu a figura do bruxo ou xamán, quen conservaba estes saberes, engadía os seus propios descubrimentos e encargábase de aprenderllos ao seguinte bruxo. Poderiamos considerar esta figura como o antepasado do médico.

En culturas como a chinesa e a hindú, as clases máis humildes seguen recorrendo a este tipo de ciencia en lugar de á medicina moderna.

Do total de plantas existentes na natureza, estímase que polo menos un 10% ten algún tipo de propiedade terapéutica ou curativa.

-

Para empezar o desenvolvemento da lección das páxinas 50 e 51, A nutrición das plantas, pedir aos alumnos que recorden o estudado en cursos anteriores sobre como se alimentan as plantas e suscitar estas preguntas: Por onde toman a auga as plantas? Que é o zume bruto?, e o zume elaborado? Por que é importante o sol para as plantas?

34

Document info
Document views641
Page views641
Page last viewedTue Jan 24 22:18:17 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments