X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 35 / 132

506 views

0 shares

0 downloads

0 comments

35 / 132

-

Para introducir na aula o tema da circulación do zume, o profesor pode realizar o seguinte experimento. Necesítase unha flor branca cortada. Porá nun vaso con auga na que disolva colorante ou un pouco de tinta azul. Ao cabo dun intre será fácil apreciar como ascende esta auga pola planta e colorea os pétalos da flor.  

-

Explicar aos alumnos que, en xeral, as follas presentan unha gran superficie en comparación co resto da planta, talos, raíces, etc. A razón é sinxela: a maior superficie exposta ao sol, mellor se realiza a fotosíntese, é dicir, máis facilmente elaborará a planta o seu alimento.

-

Despois de ler a lección das páxinas 50 e 51, A nutrición das plantas, pode formular as seguintes preguntas:

-

Que procesos comprende a nutrición das plantas?

-

Que pasaría se encerrasen unha planta nun recipiente de cristal? E se non a regaran?

-

Debuxar o esquema da fotosíntese e pedir aos alumnos que o copien nos seus cadernos, rotulando o camiño que realizan o zume bruto e o zume elaborado, así como o intercambio de gases que se produce.

-

Pedir aos alumnos que fagan unha lista coas palabras novas que aprendan nas páxinas 26 e 27 e que escriban o seu significado. Para iso, poden buscalas nun dicionario ou no glosario do final do libro. Despois, terán que escribir unha oración con cada palabra.

-

Contar aos alumnos en que consiste a técnica de aprendizaxe de realizar esquemas de procesos.

Ás veces, os esquemas poden integrar textos e debuxos para explicar e describir un proceso. Á hora de interpretar un esquema deste tipo, débese seguir a orde correcta de lectura, que adoita vir indicada por números, por letras, por frechas ou pola disposición dos propios textos no debuxo.

Ademais, débese ler o título ou o pé que acompaña o esquema, xa que adoita ser moi explicativo.

Analizar cos alumnos o esquema da ilustración 2 da páxina 50. Pedirlles que lean o pé da ilustración e deixar que sexan eles quen fagan a súa interpretación, facendo énfase no lugar concreto no que acontece cada paso do proceso.

Unha vez realizada a actividade anterior, pedir aos alumnos que reflexionen sobre as vantaxes que ofrece estudar con esquemas. Por exemplo:

-

Fai o estudo máis variado e entretido.

-

Facilita a memorización dos contidos.

-

Posibilita o repaso rápido dunha materia.

-

Desenvolve a capacidade de síntese e análise.

-

Converte o estudo en algo persoal.

35

Document info
Document views506
Page views506
Page last viewedSun Dec 11 03:05:15 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments