X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 36 / 132

447 views

0 shares

0 downloads

0 comments

36 / 132

-

Para empezar a desenvolver a lección das páxinas 52 e 53, A reprodución das plantas, preguntar aos alumnos polas súas experiencias coas plantas. Viron algunha vez como se obteñen novas plantas? Algún deles xa veu  como se corta e se planta un gallo, ou no caso das cintas, como saen as novas plantiñas, etc. Pedir aos que o viron algunha vez que llelo expliquen aos seus compañeiros.

-

Preguntar como cren que se reproducen as plantas do campo, as que medran de forma espontánea: Poden reproducirse polos mesmos sistemas ca as plantas das nosas casas?

-

Para explicar o proceso da reprodución das plantas, páxina 52, pode ser interesante realizar en clase a disección dunha flor. Desta forma, os alumnos poderán observar as partes que se mencionan no texto e localizar onde suceden os procesos da reprodución. Utilizar, preferiblemente, unha flor de gran tamaño. Diseccione a flor abrindo o xineceo e explicar que cambios se producen en cada momento do proceso, especialmente tras a fecundación, coa formación do froito.

-

Se o profesor o considera oportuno, despois de ler a lección das páxinas 52 e 53 pode formular as seguintes preguntas:

-

De que dúas formas se pode producir a polinización?

-

Que tipo de flor é polinizada polo vento?

-

Que partes da flor interveñen na reprodución asexual?

-

Que é un embrión?

-

Que diferenza hai entre os rizomas e os estolóns?

-

Pedir aos alumnos que observen a ilustración 3 da páxina 52 co esquema do froito e a semente. Despois, preguntar: Que outros froitos deste tipo coñecedes? Vistes algún froito de características diferentes?, cal?

-

Levar á aula dúas ou tres plantas diferentes e pedir aos alumnos que realicen un bocexo, a man alzada e con lapis, dalgunha delas.

Para axudarlles, o profesor pode poñer como exemplo os debuxos que aparecen en moitas guías de plantas.

-

Contar aos alumnos que os criadores árabes de cabalos da Antigüidade xa sabían que algúns trazos dos individuos se transmitían á súa descendencia, pero descoñecían as leis que rexían a herdanza. Foi Johann Mendel quen, no século XIX, definiu estas leis. Mendel (1822-1884) naceu na actual República Checa, entón imperio Austro-Húngaro. De familia moi pobre, unha das súas irmás renunciou ao dote matrimonial para que el puidese continuar os seus estudos. Estudou Ciencias Naturais, que nesa época incluían materias como Matemáticas, Física, Botánica ou Bioloxía. Finalmente fíxose monxe, aínda que sempre se dedicou aos seus experimentos científicos.

36

Document info
Document views447
Page views447
Page last viewedTue Dec 06 20:40:24 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments