X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 37 / 132

496 views

0 shares

0 downloads

0 comments

37 / 132

Mendel comezou como botánico, obtendo plantas ornamentais mediante distintos cruzamentos. Ao cruzar as plantas, puido comprobar que determinados carácteres aparecían con regularidade, polo que decidiu aplicar os seus coñecementos matemáticos a formular as leis que regulan a herdanza. Colleu os chícharos como obxecto do seu estudo e realizou con eles máis de 28.000 experimentos, o que lle permitiu extraer conclusións, aplicables tanto a plantas coma a animais.

Aínda que el era consciente da importancia dos seus descubrimentos, a comunidade científica ignorou as súas leis e a súa obra ata 1900, 16 anos despois da súa morte.

-

Explicar aos alumnos como se din en inglés algúns dos termos estudados nesta unidade.

-

planta: plant.

-

árbore: tree.

-

herba: herb.

-

arbusto: bush.

-

froito: fruit.

-

semente: seed.

-

Propoñer aos alumnos a elaboración dun herbario. Comentarlles que un herbario é unha colección de plantas prensadas e secas coas que se pode confeccionar un álbum, e que recolle a flora propia dunha comarca ou rexión.

Con esta actividade os alumnos terán a posibilidade de observar de preto algunhas das características das plantas.

Materiais:

-

Papel de periódico.

-

Libros pesados.

-

Algunhas plantas diferentes.

-

Cartolina branca.

Procedemento:

1.

Recoller cos alumnos pequenas plantas (pode ser en leiras, montes, etc.). Despois, limpalas ben de terra.

2.

Indicar aos alumnos que coloquen cada planta entre dúas follas de papel de periódico e que as prensen cuns libros. Indicarlles que cambien a miúdo os papeis, xa que absorben a humidade da planta e poden coller mofo.

3.

Preparar, coas cartolinas brancas, as fichas correspondentes de cada planta e os datos da recolección. Unha vez secas, pegar as plantas en cada ficha. Se o profesor o cre oportuno, pode pedir aos alumnos que confeccionen con elas un álbum.

37

Document info
Document views496
Page views496
Page last viewedSat Dec 10 13:51:29 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments