X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 38 / 132

610 views

0 shares

0 downloads

0 comments

38 / 132

-

Antes de realizar as actividades das páxinas 54 e 55, recordar cos alumnos as ideas principais que se traballaron na unidade. O profesor pode ditalas para que os alumnos as copien nos seus cadernos. Por exemplo:

-

As plantas clasifícanse en dous grupos: plantas sen flores, que son os mofos e os fentos; e plantas con flores, ximnospermas e anxiospermas.

-

As plantas fabrican o seu propio alimento: toman substancias do solo e do aire, transforman esas substancias en alimento e repárteno por todas as partes da planta.

-

Durante a fotosíntese, o zume bruto transfórmase en zume elaborado por efecto da luz do Sol.

-

As plantas respiran durante todo día, tomando osíxeno do aire e expulsando dióxido de carbono.

-

A reprodución sexual é aquela na que interveñen as flores. A polinización é a súa primeira fase; tras ela, os óvulos transfórmanse en sementes e o resto do xineceo convértese en froito.

-

Na reprodución asexual interveñen outras partes da planta que non son as flores, como estolóns, rizomas ou tubérculos.

-

Dividir a clase en grupos e propoñerlles que se convertan en guías dun Xardín Botánico por un día. Cada grupo encargarase de elaborar unha serie de preguntas relacionadas co mundo das plantas, o respecto á natureza, as dificultades de aprendizaxe, etc. Para orientalos o profesor pode propoñerlles algúns exemplos como:

-

Como podemos identificar os distintos grupos de plantas?

-

Que podemos facer para conservar as plantas?

-

Que vos resultou máis interesante e máis complicado de todo o que vimos nesta unidade?

-

Contar aos alumnos que os mofos adoitan medrar en zonas húmidas e sombrías, ás veces tamén sobre algúns tipos de rocha, como as calcarias. Pódese realizar unha pequena plantación de mofos utilizando un recipiente grande, como unha cubeta.

En primeiro lugar, hai que recolectar mofo. Aínda que parecen todos iguais, unha vez que medran e producen esporas aprécianse as diferenzas.

Realizar dous buratos no fondo da cubeta para drenar a auga. Se se trata dun material que non se pode perforar, como o vidro, colocar no fondo da cubeta uns 2 cm de grava.

Cubrir o fondo do recipiente (uns 4 cm) cunha mestura de terras vexetais e plantar o mofo. Ter en conta que non se debe encher toda a superficie coas plantas, senón pequenas áreas. Regalas de vez en cando ou cun pulverizador.

Tapar o recipiente cun vidro, apoiándoo nuns pequenos topes de madeira, de modo que quede unha fenda pola que poida entrar o aire.

Colocar o recipiente nun peitoril ou próximo a unha ventá para que reciba a luz do Sol, pero evitar a exposición á luz directa, especialmente no verán.

Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos e valores:

Educación para a saúde

38

Document info
Document views610
Page views610
Page last viewedSun Jan 22 13:22:10 UTC 2017
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments