X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 4 / 132

448 views

0 shares

0 downloads

0 comments

4 / 132

-

Coñecemento do medio 5

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 1 e 2 de reforzo.

-

Ficha 1 de ampliación.

-

Ficha 1 de control.

-

Recursos na rede

-

O lince.

http:www.elmundo.eselmundo2001graficosjuliosemana4linceportada_lince.html

Gráficos interactivos sobre o lince e as súas características.

-

Os fungos.

http:www.microbe.orgespanolmicrobesfungi.asp

Sitio na Internet en que se dedica unha sección aos fungos: que son, cal é a súa aparencia, como se clasifican, etc.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Antes de iniciar a lectura Sobrevivirá o lince ibérico? da páxina 11 preguntar aos alumnos se algunha vez oíron falar de Félix Rodríguez de la Fuente. Se o profesor o cre oportuno, comentarlles que grazas aos seus traballos moitas especies de animais en perigo de extinción en España foron obxecto de especial protección, como o lobo. A súa curiosidade por coñecer os costumes e o comportamento dos lobos, considerados como daniños para o ser humano, levouno a criar unha manda de lobos e a vivir con eles nun barranco da provincia de Guadalaxara.

-

Pedir aos alumnos que observen a imaxe da páxina 10 e propoñerlles comentar as características do lince: alimentación, respiración, desprazamento, cuberta corporal, etc.

-

Tras a lectura da páxina 11, pedir aos alumnos que expliquen o significado da expresión «seres vivos en risco de extinción». Animalos a dicir e comentar as posibles causas polas que os seres vivos ven ameazada a súa supervivencia no planeta.

Aproveitar os comentarios dos alumnos para explicar que o lince ibérico é o animal carnívoro máis ameazado do planeta. De feito, os últimos estudos indican que só quedan uns cen exemplares en estado salvaxe en todo o mundo. Para evitar a súa desaparición, no Parque Nacional de Doñana desenvolveuse un programa de cría en catividade de linces ibéricos. No ano 2005 naceron os tres primeiros cachorros: Brecina, Brezo e Brisa.

Comentar que o lince ibérico non é a única especie en perigo de extinción. Animar os alumnos a que busquen información (enciclopedias, Internet…) sobre outras especies (animais e plantas) e que completen unha ficha na que aparezan os seguintes datos:

-

Nome da especie.

-

Características.

-

Hábitat.

4

Document info
Document views448
Page views448
Page last viewedTue Dec 06 22:41:53 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments