X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 41 / 132

440 views

0 shares

0 downloads

0 comments

41 / 132

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

Nas páxinas iniciais da unidade 5 o proceso comeza coa lectura en grupo do texto Máis de cen anos! A continuación suscítanse dúas actividades: na primeira aparecen varias preguntas sobre a lectura; e na segunda proponse unha actividade oral que pretende comprobar como se expresan os alumnos e como mostran as súas opinións. Ao final desta dobre páxina, no apartado Informámonos, preséntanse os conceptos principais que se van estudar.

Nas páxinas de información: Alimentación e saúde, O proceso dixestivo, A respiración e a excreción e A circulación o proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo sobre unha serie de breves bloques informativos onde se presenta claramente a información, tanto de xeito escrito coma gráfico. Ao final de cada un destes bloques inclúese un pequeno resumo e, a continuación, cuestións para que os alumnos repasen os conceptos máis importantes tratados nestas páxinas.

Tras as páxinas de contidos propóñense actividades para reforzar a comprensión dos coñecementos adquiridos, e outras que teñen como obxectivo aplicar os contidos a situacións próximas á realidade do alumno. Na primeira páxina de actividades, estas clasifícanse nos apartados Comprender, Razoar, Aplicar e Opinar. Na segunda páxina de actividades preséntanse no apartado Saber facer, onde se inclúe a actividade de carácter procedemental Realizar un experimento.

Como peche da unidade 5 suscítase outra dobre páxina de actividades baixo o título Aprendín. Estas actividades divídense en varios tipos:

-

Un esquema sobre a función de nutrición mediante o cal se organizan os coñecementos.

-

Varias cuestións cuxo obxectivo é reforzar aqueles contidos da unidade que todos os alumnos deben coñecer.

-

O apartado Infórmome e escribo, onde os alumnos deben realizar unhas fichas sobre enfermidades relacionadas coa nutrición.

-

O breve texto Mellor previr que curar, dentro do apartado O mundo que queremos, onde se facilita a autorreflexión dos alumnos sobre os seus comportamentos e actitudes.

Suxestión de temporalización:

1.ª quincena de decembro.

Recursos:

41

Document info
Document views440
Page views440
Page last viewedTue Dec 06 08:32:46 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments