X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 42 / 132

446 views

0 shares

0 downloads

0 comments

42 / 132

-

Coñecemento do medio 5.

-

Guía didáctica de Coñecemento do medio 5.

-

Fichas 10, 11 e 12 de reforzo.

-

Ficha 5 de ampliación.

-

Ficha 5 de control.

-

Ficha de Avaliación 1.o trimestre.

-

Recursos na rede

-

Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación.

http:www.fao.orgesesnindex_es.stm

Información sobre hábitos alimenticios e necesidades nutricionais.

-

Saúde e alimentación.

http:www.celebratehealthyeating.orgespindex.cfm

Xogos, receitas e contos relacionados coa nutrición infantil.

-

Tarefas de Ciencias Naturais.

-

Corpo humano 3. Aparellos dixestivo, respiratorio, excretor e circulatorio.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Pedir aos alumnos que centren a súa atención na fotografía da páxina 58. Explicar que se trata dun prato típico da cociña asiática, elaborado con pasta, verduras frescas e carne de ave. Despois, formular preguntas como as seguintes:

-

Comen o mesmo todas as persoas ou cómese diferente nos distintos lugares do mundo? (Pedir aos alumnos que poñan exemplos.)

-

A que se deben as diferenzas na dieta nos distintos países?

-

A pesar das diferenzas que poida haber, todas as persoas son omnívoras?

-

Tras a lectura de Máis de cen anos!, páxina 59, preguntar aos alumnos que cren que quere dicir o texto cando menciona que os dous anciáns levaron sempre unha vida saudable. Despois pedirlles que expliquen que significa para eles levar unha vida saudable.

-

Aproveitar os comentarios dos alumnos e invitalos a analizar os seus propios hábitos e que decidan se son saudables ou non. Deben tratar de identificar hábitos variados, non cinguirse soamente á alimentación. Preguntar despois como cren que inflúen na súa saúde eses hábitos. Por exemplo, saben de que modo os beneficia facer deporte con regularidade?

-

Aproveitar o apartado Falamos da páxina 59 para traballar a autoestima dos alumnos. A infancia é o período en que se forxa o concepto dun mesmo e os sentimentos cara á propia persoa, bases do autoconcepto que serán duradeiras no tempo. Este tipo de actividades, nas que os alumnos comentan as súas propias experiencias, permítenlles á vez coñecerse mellor e tamén darse a coñecer aos demais, aspectos fundamentais para chegar a desenvolver unha valoración positiva da propia persoa.

42

Document info
Document views446
Page views446
Page last viewedTue Dec 06 18:58:43 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments